Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para que a Xunta retome a VAC Costa Norte logo de 20 anos de atrasos dos gobernos do PP

A Comisión de Obras Públicas do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle á Xunta unha “aposta decidida, real e efectiva” pola VAC Costa Norte, entre Ferrol e San Cibrao. A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, presentou esta iniciativa coa que puxo o acento sobre os “20 anos de atrasos e promesas incumpridas polos gobernos do PP”.

A responsable socialista apuntou que “nin a Mariña nin Ferrolterra merecemos seguir marxinados pola Xunta de Galicia”, que mandou este proxecto “ao esquecemento” cos gobernos do PP. Lembrou que a obra foi anunciada en 2001 polo goberno de Fraga coa previsión de estar rematada en 2007, pero “non foi ata 2009 cando se iniciaron as obras do primeiro tramo”.

Ata o momento tan só contan co trazado executado nos tramos Ferrol – San Sadurniño e as variantes de Ortigueira e Xove –esta licitada en 2009 polo goberno de Touriño e bloqueada por Feijóo ata a súa inauguración en 2017. Dende entón non ha “nada novo” cunha obra que o goberno galego retoma reiteradamente diante de cada convocatoria electoral para volvela esquecer coa resaca electoral.

Lembrou que cando Agustín Herández era conselleiro de Infraestruturas comprometérase, alá por 2011, a ter rematado o 78 por cento da obra en 2015. Dende entón, sinalou, “nada novo no relativo a Lugo dende que o goberno galego inaugurara, en xaneiro de 2017 a dita variante de Xove, e en A Coruña, en maio deste ano sometía a información pública o treito das vías de altas prestacións entre San Sadurniño e Sanguiñeira, 4 anos despois de telo anunciado.

Salienta que o abandono crónico da VAC Costa Norte “implica seguir marxinando á Mariña Occidental e Ortegal e deixando vías de comunicación deficientes, que atravesan núcleos de poboación cun trazado antigo”. Reclamou así un acordo unánime para darlle “un pulo decidido” a esta obra “para que a Xunta non a volva esquecer no tempo”.

Autovía da Mariña

A iniciativa incorporou unha emenda presentada polo PP para reclamarlle ao goberno de España a execución da Autovía da Mariña, que a portavoz socialista aceptou pero non sen antes cualificar de “hipócrita” a petición daquel partido, que se lembra desta infraestrutura só a partir da chegada do PSOE ao goberno. Espetoulle ao PP que “agora non me veñan coa historia de que estaba orzamentada, cando non fixeron nada: 0 centímetros da autovía da Mariña”.

Lembra que esta infraestrutura forma parte do “debe” dos gobernos de Mariano Rajoy, dos que o PP galego “chitón”. Criticou que o PP se demostre como “o menos positivo da historia, que pasa do negacionismo ao todo non, non e non, que primeiro critican, e cando veñen os avances son capaces de negalo” como coa chegada do AVE en 2021 ou co desbloqueo das obras da A – 54.

– Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

  1. Que faga unha aposta decidida, real e efectiva pola VAC Costa Norte levando a cabo, en diálogo e consenso cos concellos polos que transcorre esta infraestrutura, todas as accións precisas para rematar a Vía de Alta Capacidade Costa Norte Ferrol – San Cibrao no menor tempo posible.

  1. Dirixirse ao Goberno de España para que execute, no menor prazo de tempo posible, a Autovía da Mariña, a A – 74”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04