Categorías: Actualidade

“Mentres goberne Feijóo non podemos agardar unha política fiscal máis equitativa, xusta e favorable á modernización”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe o voto negativo ao teito de gasto proposto pola Xunta, pola súa “inconsistencia”. Advertiu que a previsión do goberno galego baséase nunhas previsións “xenerosas na estimación” de fondos procedentes do Estado pero restritiva nos ingresos previstos pola Xunta logo de ter reducido os ingresos procedentes de impostos ás grandes fortunas.

O responsable socialista alertou de que o presidente da Xunta “fía o sostemento do Estado do Benestar e o investimento produtivo a fondos procedentes de fora”. Mentres, “no que se refire a Galicia, non podemos agardar que mentres goberne Feijóo teñamos unha política fiscal máis equitativa, xusta e favorable á modernización”.

Deste xeito criticou a “dobre vara de medir” do goberno galego, que estima á alza os ingresos procedentes da administración central ou os procedentes da UE, e “saca da manga” unha décima adicional de déficit -que supoñen 68 millóns de euros adicionais-, malia que a última referencia fixa un déficit 0. Sen embargo resulta “extremadamente restritiva” cos ingresos propios, que “non varían en relación ao ano pasado”.

Fernández Leiceaga reclámalle a Feijóo que “sexa mais prudente en relación aos elementos que descoñecen e son incapaces de controlar porque dependen entre outras cousas do resultado electoral”. Ao mesmo tempo, dixo, “debe ser máis esixente e ambicioso co que pode facer” cos ingresos propios, e advertiu que a redución do imposto de Patrimonio ou a intervención sobre os impostos que gravan capital en 2019 “afecta á recadación e polo tanto aos ingresos de 2020”.

Sinalou que as previsións que presenta o goberno galego “carecen do rigor e determinación política que necesitaría o país nestes momentos”, xa que Feijóo “guisa e come estes datos” en relación á distribución do déficit e das entregas a conta.

O goberno galego, dixo, incumpre coa súa propia norma de Estabilidade Financeira e sostibilidade Orzamentaria, como “tampouco quixo respectar a obriga de destinar o superávit a amortizar débeda”. O mesmo sucede ao presentar un teito de gasto sen agardar a que o Consello de Política Fiscal e Financeira fixe a taxa de referencia de crecemento do PIB, contra da súa propia normativa.

Sondeos

O portavoz do Grupo Socialista respondeu hoxe ademais que, de acordo cos sondeos preelectorais coñecidos esta mesma fin de semana, a dereita “perde a súa hexemonía en Galicia”, mentres a esquerda “revalida a súa posición hexemónica”.

Ademais, engadiu, o PSdeG sitúase como a única opción que pode liderar a alternativa en Galicia, situado como chave para concentrar a maioría de votos como alternativa, nun espectro que bascula dende o centro – esquerda ás opcións máis á esquerda.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13