Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a aproveitar a visita de Casado para explicar a súa operación con Pemex, que dexa hoxe “en risco” o maior estaleiro privado de Galicia

O secretario xeral destaca que o PSdeG “lidera a maioría de progreso” e que, “se hai unha mobilización masiva”, nun ano haberá un goberno socialista en España e outro en Galicia

Santiago, 6 de outubro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza coas cabezas de lista ás vindeiras eleccións xerais polas catro provincias galegas; un foro dende o cal sinalou que o 10 de novembro é “unha data moi importante, porque está en xogo o modelo de país que queremos”. “Decídese entre avanzar ou retroceder”, manifestou.

Nese senso, o líder dos socialistas galegos explicou que “o PSOE representa a posibilidade de progreso para a maioría da cidadanía” e que, fronte a esta opción, aparece “unha coalición das dereitas coa ultradereita” que pon en risco “o progreso social e económico do país e os dereitos da xente”.

“Non queremos levar un susto o 11 de novembro”, recalcou o máximo dirixente do PSdeG, ao tempo que situou o PSOE como “o único voto útil” para a cidadanía. Non en van, recordou, xa o pasado mes de abril tivo “un apoio maioritario”, que agora, “se hai unha mobilización masiva”, servirá para poñer a Pedro Sánchez á fronte do goberno.

De feito, Gonzalo Caballero aludiu ás enquisas que publican os distintos medios para destacar que o PSdeG lidera en Galicia “a maioría progresista”, o que permitirá que dentro dun mes haxa un presidente socialista en España e, dentro dun ano, outro presidente socialista na Xunta de Galicia. “Traballaremos para explicar que o PSOE é o único voto útil”, remarcou.

CRISE INDUSTRIAL DE GALICIA

Ademais, en declaracións aos medios, Gonzalo Caballero instou a Feijóo a aproveitar a visita hoxe de Pablo Casado a Galicia para falar de política industrial para explicar a súa operación con Pemex.

“Hai sete anos, Feijóo anunciou o acordo con Pemex para construír barcos que ían revolucionar o sector naval galego”, recordou, para sinalar que hoxe vemos que aquilo foi “unha campaña de botafumeiro con fondos públicos para facer publicidade” que deixa moitas dúbidas.

“Feijóo estivo coas autoridades mexicanas e sacando fotos con quen hoxe é un prófugo da xustiza”, apuntou o secretario xeral do PSdeG, en relación ao ex-dirixente de Pemex sobre quen pesa “a sombra da corrupción”.

Do mesmo xeito, recordou como Feijóo organizou a operación de Pemex e Barreras coas élites económicas e políticas do PP, e hoxe, a pesares de ter unha carteira de pedidos de 900 millóns de euros, Barreras está en preconcurso de acredores, coa súa viabilidade “en risco”.

“Feijóo ten que explicarlle esa operación a Pablo Casado e a todos os galegos e as galegas”, concluíu Gonzalo Caballero, consciente de que “a política industrial de Feijóo foi un desastre” ao longo dos seus dez anos como presidente.

De paso, o líder dos PSdeG evocou como o PP á fronte do goberno de España meteu o contrato para construír cinco fragatas no estaleiro público de Ferrol “nun caixón” debido aos “intereses particulares” do ex-ministro Morenés, e que tivo que ser o executivo socialista o que sacara adiante esa inversión de 4.325 millóns de euros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13