Categorías: Actualidade

Menos promesas de papel e máis axudas económicas reais para o sector turístico no Xacobeo 21

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, reclamoulle hoxe á Xunta “menos promesas de papel e máis axudas económicas reais” para o Xacobeo 21. Gallego presentou unha pregunta oral en Comisión na que acusou ao goberno galego de “non ter feito os deberes en todo o ano e agora chega o día do exame e non están preparados”.

A responsable socialista esixiu un “maior control democrático” e un “exhaustivo seguimento sobre as actividades, orzamentos e melloras” previstos para o Xacobeo que comezará en tres meses. Lamentou que máis alá do slogan do presidente da Xunta a prol de “reformular o Xacobeo”, a realidade é que “a información que trasladan non está suficiente detallada, e carece de orzamentos e accións previstas para concellos e provincias”.

Gallego criticou que o goberno galego ofreza “anuncios sen nada concreto”, e sinalou que “o que necesita o turismo en Galicia son políticas activas no sector con máis orzamentos”. Advertiu que “xa non sabemos que foi do Plan Estratéxico do Turismo de Galicia 2020 e xa nos están a anunciar outro Plan Estratéxico”, e pediu “por favor, menos plans no papel e máis axudas económicas reais para todo o sector turístico, que o que necesita é máis inversión”.

Intranquilidade

Sinalou que “anuncios e anuncios sen nada concreto” deixa “intranquilo ao sector turístico, que descoñece os plans dun goberno galego” sen traza de políticas activas para o sector con máis orzamentos. Leticia Gallego reivindicou  “un pouco de rigor e seriedade, que estamos a falar de miles de postos de traballo, por favor”.

Puxo como exemplo a falla de investimento en sinalización,  a desestacionalización da oferta ou a innovación no turismo, así como  nos albergues, que “necesitan de investimentos significativos e melloras nas súas instalacións” para paliar o deterioro de moitos anos en funcionamento e garantan a accesibilidade e “non discriminar a persoas de mobilidade reducida”.

A responsable socialista rematou a súa intervención apuntando que “Galicia ten un gran potencial turístico, e temos que traballar por un turismo para todos e para todas, unha oferta de calidade e que o noso país se converta nun gran destino turístico, e para iso hai que investir, ter máis orzamento e axudar con solucións concretas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13