Categorías: Actualidade

O PP impide aprobar a nosa proposta para que a Xunta cumpra cos obxectivos do Plan de Banda Larga asumidos en 2015

O PP vetou na Comisión de Industria do Parlamento unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que cumpra cos compromisos acadados para a extensión do Plan de Banda Larga aprobado en 2015. O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou ao PP de “convidar para que outro pague”, sinalando que o veto coincide cunha proposta do PP para pedirlle ao Estado a extensión da banda larga con fondos Feder.

O responsable socialista explicou que o goberno galego ten a obriga de complementar as actuacións do Estado nesta materia, e lembrou que a propia Xunta asumira en 2015 o obxectivo da Axenda Dixital Europea para garantir unha conexión mínima de 30 MBps en todo o territorio galego en 2020.

Así o dixo logo do debate, primeiro, dunha proposta do PP para pedir a execución de fondos Feder para extensión da banda larga, que foi apoiada polos socialistas, e despois da proposta socialista para pedirlle á Xunta que cumpra cos compromisos para a implantación da banda larga rexeitada polo PP. Seco reclamou unha postura “construtiva” do goberno galego, que “intenta sacarlle tallada aos problemas de Galicia e monopolizar o que fan os outros como éxito propio”.

Martín Seco esixiu unha liña de cooperación Xunta – goberno central logo de constatar a súa “dualidade do PP”, que “din ao mesmo tempo que a extensión da cobertura de internet está ben porque a Xunta o fai ben e mal porque o goberno de España faino mal”. Acusou ao PP de “sacar tallada aos problemas de Galicia e monopolizar o que fan outros como éxito propio”.

O responsable socialista instou a completar aqueles compromisos asumidos en 2015, especialmente no contexto de pandemia, que está a evidenciar a “fenda diferencial” entre os traballadores e os estudantes que residen nun rural sen conexión suficiente para que poidan desenvolver teletraballo ou educación por vía telemática. Sinala as “múltiples demandas que apareceron no confinamento sobre a falla de cobertura de banda ancha no rural”.

Chamou a tomar medidas para evitar que se repliquen casos coma o dos produtores de planta ornamental do Baixo Miño, que teñen os plans de expansión comercial paralizados pola falla de conexión rápida e estable a Internet, ou ao profesor da escola de Baralla que tivo que recorrer aos walkie talkies para conectarse con parte dos seus alumnos durante o confinamento.

Fondos Feder

O responsable socialista sinalou o traballo do goberno de España para “deseñar un esquema de axudas de Estado que apoiará o despregamento de redes de banda larga”, na liña de “contribuír á cohesión territorial e reducir a fenda dixital”. Así o dixo no debate dunha proposta do PP para pedir a execución dos fondos Feder, que foi apoiada polos socialistas sinalando o “máximo esforzo” por parte do Estado para “facer un uso óptimo dos ditos fondos”.

Seco acusou ao PP de “invitar a comer pero pagar só o café”, antes de sinalar que a Xunta non presentou ningunha alegación á relación preliminar de zonas susceptibles de ampliar a cobertura por banda larga aberta polo Estado e que vén de pecharse no pasado mes de xuño. Lembrou ademais que “non tiñan nada que dicir cando Rajoy investía en 7 anos menos da metade do que inviste en Galicia o goberno de Pedro Sánchez en só dous anos”.

Lamentou a falla de compromiso do goberno galego por canto foi o Estado quen xestionou os fondos Feder no Plan de Extensión de Banda Ancha –PEBA- e aprobou a orde que permitiu ampliar a cobertura de 30 MBPS do 85 ao 94 por cento da poboación.

Martín Seco lembrou que Galicia foi a comunidade que máis axudas recibiu ao amparo do dito PEBA, con 25,33 millóns de euros en 2018 -4 máis que Andalucía, que foi a segunda-, como tamén foi a que máis recibiu en 2019, con outros 25 millóns –de novo 2 millóns máis que Andalucía-. Sinalou que “neste 2020 acaba de ser publicada a resolución provisional da convocatoria e outra vez correspóndenlle a Galicia unha boa cantidade de millóns en proxectos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08