Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Martín Seco denuncia a “complicidade e ocultación” da Xunta no deterioro paulatino das fábricas de Xeal en Cee e Dumbría

Pediulle hoxe á Xunta que “deixe de mirar cara outro lado” e adopte medidas para garantir o emprego e a actividade e investigar as vulneracións dos dereitos laborais

O deputado socialista Martín Seco a “complicidade” da Xunta de Galicia no “deterioro paulatino” que están a sufrir as fábricas de Xeal en Cee e Dumbría, unha situación de desmantelamento da que o goberno galego é “colaborador necesario”.

Fíxoo a través dunha pregunta na Comisión de Industria do Parlamento, onde puxo en evidencia a “ocultación” e a falta de medidas da Xunta ante a delicada situación que está a vivir o seu cadro de persoal. “Son continuas e unánimes as denuncias do comité de empresa sobre que se está a agravar o desmantelamento progresivo das fábricas de ferroaleaxes”, lembrou. Tamén o son as queixas por “prácticas represivas, ataques á liberdade sindical e despedimentos arbitrarios”.

Neste contexto, Martín Seco preguntoulle á Xunta polas medidas que ten previsto adoptar para garantir o mantemento dos postos de traballo e a actividade. Así, reiterou a necesidade de dar cumprimento á sentenza do TSXG que di que a non segregación das actividades se fixou para asegurar a mantemento do emprego nunha comarca deprimida como é a Costa da Morte.

Con este punto de partida, reivindicou que a Xunta fixe uns criterios de cumprimento desa condición establecida por sentenza xudicial. Ao mesmo tempo, instou a facilitarlle ao comité de empresa as condicións nas que se produciu a venda da empresa, o plan de viabilidade e a situación industrial na que se atopan as plantas de Cee e Dumbría.

De maneira complementaria, Seco reclamou que o goberno galego se dirixa á inspección de traballo para que abra unha investigación polo despedimento dun dos membros do comité de empresa. Ese despido produciuse despois de que o traballador participase como testemuña de dúas empregadas que denunciaron e gañaron un xuízo por un caso de acoso. Nesta mesma liña, tamén pide que se aclare por que a empresa mantén “sospeitosamente” no seu posto ao acosador.

XEAL REDUCE A PRODUCIÓN E DESTRÚE EMPREGOS ANTE “A INOPERANCIA” DA XUNTA

Na súa intervención, Martín Seco explicou que a empresa está tratando de ampliar o seu negocio enerxético mentres “leva anos recortando a actividade nas fábricas”. E iso malia que xa se beneficia de concesións públicas para a xeración de enerxía hidroeléctrica, que están ligadas á produción nas fábricas de Cee e Dumbría e ao mantemento do emprego. É algo “a empresa incumpre reducindo de maneira progresiva a produción nas factorías e destruíndo postos de traballo ante a inoperancia da Xunta de Galicia”.

A maiores, e mentres isto sucede, o cadro de persoal leva dous anos agardando a coñecer o plan de viabilidade para garantir actividade, emprego e investimentos. Ese plan “tivo que ser presentado necesariamente” ante a administración autonómica, pero a Xunta segue colaborando nunha “ocultación” que “podería supor que Xeal estea centrando o seu futuro na explotación dos recursos enerxéticos en detrimento das fábricas e a man de obra”.

Nesta liña, Martín Seco evidenciou que a decisión de parar o forno 14 ata a semana pasada, produciuse nun momento no que o custe da electricidade acadou prezos históricos. En consecuencia, Xeal “paralizou a fabricación nos fornos mentres obtiña beneficios millonarios  grazas á produción de electricidade”. Por iso quere ampliar o seu negocio enerxético “ante unha Xunta que agocha a cabeza como a avestruz”.

Neste escenario, Martín Seco explicou que o comité de empresa de Xeal solicitou unha reunión de urxencia co conselleiro de Economía. “Sen ter unha bola de cristal”, ironizou o parlamentario do PSdeG, “podo afirmar que non a concederá”.

DEREITOS LABORAIS E SALARIAIS

Por outra banda, Martín Seco tamén denunciou que a empresa tamén atacou e ataca os dereitos laborais e salariais do persoal. Fíxoo, por exemplo, amparándose na reforma laboral do PP que permitía deixar caducar o propio convenio colectivo para aplicar o de ámbito superior, unha medida “que lle rouba aos traballadores dereitos consolidados durante décadas” e que foi levada aos xulgados.

Ademais, este tipo de prácticas, lembrou o deputado socialista, foron corrixidas coa reforma laboral do actual goberno do Estado. E iso malia os votos en contra do PP, “instalado na estratexia do non polo non”, e do BNG, “que prefire a confrontación a unha política de máximos e ao diálogo”.

Finalmente, Martín Seco lembrou que o comité de empresa denuncia “prácticas represivas , ataques á liberdade sindical e despedimentos arbitrarios por parte da empresa”. Nesta liña lembrou o despido dun empregado por testemuñar a favor dunha traballadora vítima de acoso.

Trátase dun caso no que , para máis, chama a atención a inexplicable complicidade da dirección da empresa coa persoa condenada, que segue no seu posto como se nada acontecese e sen que se lle abrise un expediente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00