Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Martín Seco censura a negativa do PP a pedirlle á Xunta que elabore un novo plan sectorial eólico e a rexeitar o exceso de parques na zona de Negreira

Seco lamenta a incapacidade da Xunta para manter aos concellos informados e asesorados e reclama que o conselleiro de Economía atenda a petición de reunión cos alcaldes de Negreira, A Baña, Outes, Mazaricos e Santa Comba

O deputado socialista Martín Seco lamentou hoxe o voto en contra do PP á proposta do PSdeG para instar á Xunta á elaboración dun novo plan sectorial eólico pactado cos sectores e concellos afectados.

Esa era unha das medidas que se recollían nunha proposición non de lei debatida hoxe no Parlamento e na que tamén se solicitaba o rexeitamento da Cámara autonómica á excesiva proliferación de parques no municipio de Negreira e nos de A Baña e Outes, onde están en tramitación en total preto de 20 iniciativas eólicas. Ademais dos parques, os concellos veríanse afectados polas numerosas liñas de evacuación, torres de medición ou transformadores.

En definitiva, de saíren adiante todas estes proxectos, Martín Seco alertou de que Negreira, por exemplo,  quedaría “encapsulado por infraestrutura eléctrica” e este concello rural acabaría converténdose “nun casco urbano rodeado dun parque industrial”. “Como queren que durman tranquilos os veciños destes concellos”, preguntoulle Seco aos deputados e deputadas do PP, “mentres son múltiples os colectivos e administracións que lle pedimos insistentemente que troque un plan sectorial eólico completamente desfasado e necesitado de actualización?”.

Nesta liña, o parlamentario do PSdeG insistiu en que “o noso grupo non está en contra da implantación de enerxía eólica”, pero incidiu en que “debe facerse con orde e consenso”. Así, amosouse convencido de que “algún dos proxectos propostos é viable coas correccións oportunas” mais “non se pode converter a concellos e comarcas enteiras en zonas de sacrificio industrial”.

A maiores, reivindicou que a Xunta mellore a súa  incapacidade de manter aos concellos informados e asesorados porque “dende o Grupo Socialista estamos preocupados pola falta de comunicación e información que dá a Xunta aos municipios afectados pola instalación de parques eólicos”. De feito, subliñou que no Partido Socialista temos a sensación de que esta falla de planificación, que esta falla de información, que esta falla de seguridade xurídica é o habitat que desexa unha Xunta de Galicia para facer o que lle dá a gana”

Entre os numerosos problemas que está propiciar o actual marco normativo, Martín Seco salientou o fraccionamento “descarado” de parques eólicos por parte de algunhas empresas para poder tramitalos de forma separada para evitar superar os 50 MW, “pero que constitúen ao final unha única explotación”. Isto “pode ser unha clara vulneración da lexislación vixente e un motivo para que a Xunta de Galicia non permitise dita instalación”.

Por outra banda, alertou de que o mundo rural “está a soportar en exclusiva os custos ambientais e patrimoniais deste sector enerxético”. Así, terra de gran valor forestal e gandeiro “pasa a ser un polígono industrial onde a cidadanía afectada non se beneficia dunha maneira xusta da presenza destes parques nos seus territorios”, de maneira semellante ao que acontece tamén coas captacións de augas ou afeccións patrimoniais.

Neste contexto, cualificou de “preocupante” que os propietarios dos terreos directamente afectados reciban “unha compensación insuficiente”, mentres que o resto da veciñanza que soporta os inconvenientes ambientais “non perciben ningún tipo de beneficio económico” malia que moitas propiedades quedan afectadas por enormes superficies poligonais que lle quitan valor aos terreos. Ademais, o que reciben os concellos por vía do canon e das convocatorias do fondo de compensación ambiental “é residual e pouco obxectivo”.

En definitiva, Martín Seco asegurou que “se poden facer as cousas doutro xeito” deixando maior beneficio no territorio e respectando os núcleos de poboación, o noso patrimonio cultural, ambiental e paisaxístico. “Pódese facer”, enfatizou, “en comuñón coas zonas afectadas e informando aos concellos e dándolle seguridade do que se vai a facer”.

DOUS MESES SEN RESPOSTA DO CONSELLEIRO DE ECONOMÍA

Por outra banda, o deputado socialista puxo tamén o foco sobre a “situación de desamparo” na que se senten concellos como o de Negreira, que vén como cada pouco aparece un novo proxecto de parque eólico.

Con este pano de fondo, e tras reunirse onte co alcalde deste municipio, Martín Seco advertiu de que a Xunta de Galicia leva máis de dous meses dando a calada por resposta á petición de reunión cursada polos alcaldes deste municipio e os de Outes, A Baña, Mazaricos e Santa Comba, de diferentes partidos políticos.

Con todo, Martín Seco denunciou que dende o mes de novembro, no que se realizou esta petición conxunta, non pasou “absolutamente nada” porque semella que “o vicepresidente Conde non ten tempo para darlle certezas a estes cinco alcaldes e alcaldesa”.

Por iso, na proposición non de lei defendida hoxe polo Grupo Socialista tamén se reclamaba que o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía atendese esta solicitude de encontro para falar da problemática que carrexará a instalación de numerosos parques eólicos nos nosos territorios rurais. Neste caso, o Partido Popular tamén se negou a apoiar esta proposta.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28