Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Leticia Gallego denuncia que a Xunta leva un ano sen facer “absolutamente nada” para cumprir a proposta do PSdeG aprobada por unanimidade no Parlamento para redefinir os xeodestinos turísticos

Afirma que a “inacción total” sobre este tema demostra que o goberno de Feijoo “non quere resolver o problema” porque ten que consultar con moitos concellos

A deputada socialista Leticia Gallego denunciou hoxe que a Xunta de Galicia leva case un ano sen dar cumprimento á proposta aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia para redefinir os xeodestinos turísticos. Esta iniciativa, presentada no seu día polo PSdeG, contou co respaldo de todos os grupos políticos en marzo de 2021 pero, a día de hoxe, o goberno galego “non fixo absolutamente nada para atender esta petición”.

Leticia Gallego subliñou que esta actitude demostra a “moita deixadez” por parte da Axencia Galega de Turismo e evidencia que “o goberno do señor Feijoo ten un problema grave cos xeodestinos”. De feito, acusou á Xunta de “non querer resolvelo” porque para iso “ten que sentarse con moitos alcaldes e alcaldesas e está claro que non o quere facer”.

Así, lamentou a “falla de planificación e diálogo” cando existen conflitos cos municipio, “que non son escoitados polo goberno galego” á hora de elaborar o mapa. “Esta é outra mostra máis do que á Xunta de Galicia o turismo non lle importa absolutamente nada”, censurou.

Tras volver reclamar no Parlamento que se cumpra esta iniciativa, a deputada do PSdeG lamentou “a confusión xerada polo goberno galego en torno ao concepto xeodestino”, algo que “lle resta eficacia á hora de converterse nun verdadeiro instrumento impulsor do turismo”. Esta circunstancia resulta “especialmente grave neste momento de crise sociosanitaria, no que o sector turístico precisa claridade e políticas de estimulo para sobreporse ó efecto da covid”.

Deste xeito, Leticia Gallego considerou imprescindible, “porque así o recolle a lei”, que a Xunta “abra un proceso de diálogo” cos concellos e coas deputacións para estudar e redefinir os posibles cambios no devandito mapa actual de xeodestinos. O mapa resultante dese proceso, unha vez escoitadas as suxestións dos concellos e feitos os cambios oportunos, “deberá adquirir un verdadeiro carácter oficial coa a súa publicación no Diario Oficial de Galicia”.

Nesta liña, incidiu en que o goberno galego debe proceder ao desenvolvemento do marco normativo para definir con claridade o proceso de creación dos xeodestinos, así como os seus órganos xestores, funcións, competencias e os mecanismos de modificación do mapa.

Para iso resulta obrigado, remarcou, “que a Xunta cumpra a resolución aprobada por unanimidade nesta Comisión o día 17 de marzo de 2021” a iniciativa do PSdeG. “Non serve de nada aprobar e que despois non se cumpra”, lamentou antes de engadir que esa actitude “demostra o que significa o Parlamento para o goberno de Feijoo”.

Por último, Leticia Gallego sinalou que “todas estas suxestións que facemos desde o Grupo Parlamentario Socialista son para mellorar o turismo en Galicia porque o turismo necesita un pulo por parte da administración autonómica”. “E agora máis que nunca”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04