Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Marina Ortega acusa ao PP de “non estar á altura das circunstancias” tras negarse a mellorar os dereitos das traballadoras das residencias e os coidados para as persoas maiores

Reclamou hoxe máis profesionais e mellores condicións laborais como fórmula idónea para humanizar o modelo fronte aos 13 anos de “desidia e falta de acción da Xunta” na xestión das residencias

A voceira de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, volveulle reclamar hoxe á Xunta que apoie publicamente as demandas do sector de traballadores e traballadoras das residencias de maiores.

Fíxoo a través dunha moción, debatida esta tarde no pleno do Parlamento e na que se lle solicitaba á Xunta e ao PP que, tras 13 anos de desidia e de falta de medidas, “non miren cara outro lado” ante os problemas que atravesa o persoal dos coidados en Galicia, de maneira concreta no eido laboral. “Miren aos ollos das traballadoras e aos ollos das persoas maiores e corrixan esta situación”, defendeu a deputada do PSdeG ante un auditorio que hoxe, de novo, contaba con representantes do sector.

De maneira específica, a parlamentaria socialista incidiu en que o goberno galego debe actuar para que a renovación do convenio laboral blinde o incremento salarial que lles corresponde e para que se actualicen as ratios de empregados en relación ao número de residentes e en función do grao de dependencia.

O obxectivo último desta demanda é incrementar o número de profesionais en cada centro para evitar a sobrecarga laboral que existe na actualidade. “Máis profesionais e mellores condicións laborais”, reivindicou Ortega antes de engadir que esa é a mellor fórmula para humanizar o modelo residencial.

Na proposta do PSdeG, tamén se solicitaba equiparar progresivamente o número de horas da xornada anual dos empregados das residencias privadas ás da Xunta e actualizar os recursos que inviste o goberno galego por cada praza concertada. Na súa intervención, Marina Ortega incidiu en que, apoiando estas medidas, o Partido Popular tiña “a oportunidade de resarcir todo o que non fixeron nos últimos 13 anos”.

Tamén tiña a posibilidade de emendar á conselleira de Política Social, quen no último pleno de marzo ignorou o ofrecemento para falar co colectivo de traballadores das residencias para avanzar nestas cuestións”. “Teñen hoxe a oportunidade de resarcir este comportamento que para nada está a altura das circunstancias e votar a favor dos dereitos non só das traballadoras senón tamén das persoas maiores que viven nas residencias”, proclamou a deputada socialista.

Malia todo, o Partido Popular negouse a  aceptar estes ofrecementos e rexeitou a iniciativa socialista cos seus votos en contra.

Isto sucede ademais nun contexto no que a Xunta “non está a facer o seu traballo”. Así, lembrou que Galicia é a comunidade con maior porcentaxe de prazas privadas de España, a segunda con menos técnicos de inspección e, ademais, a Xunta é o goberno autonómico que menos recursos inviste por habitante potencialmente dependente.

Afirmou que todo isto configura “un cóctel molotov” para o sector dos coidados, nun contexto no que prosegue a inversión da pirámide poboacional e no que Galicia lidera os ránkings de envellecemento. En paralelo, Marina Ortega lamentou que o modus operandi de traballo nas residencias “parécese máis a unha cadea de montaxe que a un fogar para persoas maiores ou con dependencia”.

Neste contexto, lamentou que o goberno galego leve practicando moitos anos a política de “ollos que non ven”. Porén, advertiu que “o corazón por desgracia si que sente” e esa posición ten consecuencias que afectan ás traballadoras, aos familiares e, sobre todo, ás persoas maiores.

Trátase, dixo, “dunha situación moi dura, que debería remover conciencias para tomar accións inmediatas”. Por contra, “aquí seguimos case dous anos despois solicitando á Consellería que incremente o número de profesionais e actualizando as ratios”.

Con respecto ao conflito laboral, Marina Ortega lembrou que as empregadas cumpriron a súa parte, a patronal ofreceu certas melloras e asinouse a renovación do convenio laboral das traballadoras de residencias. Con todo, “quen non cumpriu a súa parte aínda foi o goberno galego, o que permitiría ofrecer unhas condicións de mellora máis amplas”, sinalou.

Nesta liña, defendeu que “se Xunta tivera sobre a mesa xa uns ratios de traballadores actualizado e mellores condicións de recursos de prazas concertadas, seguramente o acordo entre patronal e traballadoras fose moito mellor”. Lamentou que “o xogo de escaqueo” por parte da Consellería de Política Social “sae caro, porque estamos a falar das condicións para as traballadoras do sector nos próximos anos e, indirectamente, dos coidados que reciben as persoas maiores”.

Ademais, Marina Ortega cualificou de “moi triste” que, cando as traballadoras do sector deciden facer unha folga, dende o goberno galego “se lles impida facer uso do seus dereitos decretando uns servizos mínimos abusivos que imposibilitan o dereito a protestar”. En calquera caso, trátase tamén do recoñecemento implícito por parte da Xunta de que a maioría de residencias en Galicia “levan en mínimos todos estes anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00