Categorías: Actualidade

Leticia Gallego urxe á Xunta un plan de axudas directas extraordinarias para o pequeno comercio co obxectivo de compensar a crise derivada da guerra en Ucraína

Alerta de que o comercio “está na UCI” e denuncia que o goberno de Feijóo “está desaparecido no peor momento para Galicia”

A voceira de Comercio do Grupo Socialista, Leticia Gallego, vén de urxir á Xunta a elaborar un plan de axudas directas extraordinarias para o pequeno comercio co obxectivo de compensar a suba do prezo da enerxía e a falla de materias primas que sufriu o sector debido á crise económica derivada da guerra en Ucraína.

Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través da presentación dunha proposición de lei sobre esta cuestión que foi debatida nesta xornada e será votada mañá polos tres grupos da Cámara galega.

“O sector leva moitos anos con serias dificultades, baixo a competencia das grandes cadeas e dos xigantes do comercio electrónico; non hai relevo xeracional; o gran problema do despoboamento da nosa terra acelera o peche dos pequenos negocios no rural; a crise da COVID; e agora, a crise económica provocada pola guerra en Ucraína”, alertou a dirixente socialista.

Neste marco, Gallego sinalou que no ano 2021 pecharon 672 pequenos comercios, sendo este “o sector onde máis negocios pecharon despois da hostalaría”. Unha crise que, incidiu, “afecta directamente ao gran problema do despoboamento da nosa terra que acelera o peche dos pequenos negocios no rural”, xa que “se no rural non temos servizos, non temos comercio, non temos empregos; no teremos poboación”.

“O sector do comercio está na UCI”, subliñou a socialista, quen denunciou a falla de políticas para o sector por parte da Xunta que, ata momento, só realizou “meros parches”. “Como pode ser que en máis 13.117 millóns de orzamento que ten a Xunta para o exercicio 2022 non se incremente a partida de comercio?”, cuestionou a socialista.

“O executivo de Feijóo está desaparecido no peor momento para Galicia”, censurou a socialista. “Temos un goberno galego que non está actuando, non está facendo nada, só anuncios como é costume e, como tamén é costume e tradición, o único que fai é criticar ao goberno de Pedro Sánchez”, concluíu Gallego.

A XUNTA DEBE ACTUAR “CON CONTUDENCIA E FIRMEZA” E “FACELO XA”

Con todo isto, Gallego instou á Xunta a elaborar un plan de axudas dotado de “partidas orzamentarias suficientes para o seu rescate” e campañas “para que a veciñanza merque no comercio rural”.

“O goberno autonómico ten que pór en marcha inmediatamente un plan de medidas fronte á crise económica derivada da guerra de Ucraína”, reivindicou a socialista, quen incidiu na necesidade de actuar “con contundencia e firmeza e facelo xa” ante unha situación de “extrema gravidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32