Categorías: Actualidade

Luis Álvarez sinala que os socialistas galegos pedirán a devolución dos Orzamentos da Xunta, que malogran o incremento histórico e “non dan resposta ás necesidades de Galicia”

O portavoz do Grupo Socialista compara ao conselleiro de Industria cunha “prañideira” e esíxelle que “deixe de chorar e se poña a traballar” asumindo as súas responsabilidades

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, adiantou hoxe que os socialistas galegos presentarán unha emenda á totalidade dos Orzamentos da Xunta para pedir a súa devolución por canto non están á altura do incremento histórico nas partidas do goberno galego. O responsable socialista lamentou que “estes non son os Orzamentos que necesita Galicia”.

Álvarez centrou a súa crítica ás contas da Xunta na falla de pulo adicional ás consellerías sobre as que pivota o Estado do Benestar, como son Sanidade, Educación e Política Social. Fronte á realidade paralela da comunicación do goberno galego, as contas de Galicia evidencian o manteme to do peso relativo no canto á sanidade e Política Social e mesmo diminúen en Educación, “consolidando a falla de profesorado na nosa Comunidade Autónoma”.

Ademais, dixo, é a primeira vez en 20 anos que os Orzamentos carecen de cadro de persoal desagregado, pero os socialistas galegos sinalan que Sanidade tan só contratará 42 médicos adicionais para o próximo ano. Esto evidencia que tódolos anuncios vertidos ao longo deste anos, con 106 médicos para atención primaria e decenas en saúde mental “respostan á consolidación de prazas estruturais que xa estaban no sistema”.

O responsable socialista alertou de que as contas do goberno galego para o próximo ano deixan ao albur aos galegos e galegas que máis o necesitan. Acusou a Política Social de deixar desatendidos a 5 de cada 6 galegos e galegas en situación de pobreza, xa que só atenderán a 117.000 persoas, ademais dos 7.200 que reciben a Risca, dun total de 678.000 galegos e galegas en situación de pobreza, como revelaba un informe presentado a semana pasada.

Esta é “a realidade”, dixo, duns orzamentos que obvian a recuperación da tarxeta básica pero si que inclúen o “regalo fiscal” do imposto de Patrimonio aos máis ricos, lonxe, dixo, dos anuncios “triunfalistas e grandilocuentes” da Xunta. Tampouco inclúen, dixo, a ampliación do Servizo de Axuda ao Fogar, que é competencia da Xunta pero que teñen que asumir os concellos, con “máis competencias impropias e menos orzamentos, compromiso coa administración local: 0,0”.

Prañideira

O portavoz do Grupo Socialista cargou hoxe contra o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Industria e Economía, a quen cualificou de “prañideira”, en alusión á figura que “acompañaba nos enterros, previo pago, manifestando unha dor que non sentían. Álvarez sinalou a Conde para esixirlle “corresponsabilidade e lealdade” co goberno do Estado, que responderá da Xunta no canto “presenten proxectos sólidos e solventes”.

Así o dixo logo de que despois de meses criticando ao Estado, a semana pasada este respondera aprobando 15 millóns de euros en axudas para o taller de baterías de Stellantis dentro do Perte da automoción, que terá un total de 43 millóns. “Non digo que se levante para aplaudir, pero a lo menos debera recoñecer a aposta sen precedentes por esta Comunidade Autónoma” por un goberno que vén de anunciar tamén 310 millóns euros públicos e outros 1.150 de investimento privado para o Perte do naval.

Álvarez instou ao conselleiro de Industria a que “deixe de chorar e lamentarse, póñase a traballar e recoñeza os acertos do Goberno”. O responsable socialista respaldou hoxe as críticas da ministra de Industria, Reyes Maroto, que onte acusaba á Xunta de apropiarse das aportacións do Estado mentres culpa ao goberno central “de todo o que vai mal como conseuencia da falla de impulso por parte da Xunta de Galicia”.

Resumiu que “a mensaxe de que nos maltratan é rotundamente falsa”, e apuntou que un goberno que “se pretende serio” recorra a “este tipo de estratexias dialécticas”, e esixiu que “se poñan a traballar e presenten proxectos solventes: fagan máis para non ter menos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57