Categorías: Secretaría Xeral

Formoso afea que os orzamentos da Xunta “renuncien a fortalecer” a sanidade e a educación, e acusa a Rueda de ser un presidente “sen rumbo”

O secretario xeral do PSdeG reitera que estamos ante “as contas da resignación” nos servizos públicos, pois recrimina que á atención primaria obteña só un 3% do incremento das contas

Bota en falla un plan especial de axuda para os sectores afectados pola inflación e reclama unha aposta “máis ambiciosa” pola innovación

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, afea que os orzamentos “renuncien a fortalecer a sanidade e a educación e acusa a Rueda de ser un presidente “sen rumbo, nin plan”. Insiste que son as “contas da resignación” nos servizos públicos, co exemplo de que a atención primaria obteña só o 3% do incremento das contas. Reclamou tamén axudas para os sectores afectado pola inflación e unha aposta “máis ambiciosa” pola innovación.

Este venres, o líder dos socialistas galegos fixo unha primeira valoración dos orzamentos presentados onte na súa totalidade pola Xunta de Galicia, cara os que amosou a súa desconformidade e anunciou que presentarán as “emendas correspondentes para melloralos” no Parlamento nas distintas áreas de competencia.

Reiterou que estamos ante un presidente e un goberno “sen rumbo, sen plan”, xa que está indo na dirección oposta ás recomendacións dos organismos económicos internacionais e das políticas dos gobernos de todo Europa, que piden maior protección dos sectores estratéxicos da economía e dos servizos públicos ante o escenario de “desaceleración”.

Destacou que estas son as “contas da resignación” no ámbito dos servizos públicos. “Estamos a observar a renuncia da Xunta de Galicia a reverter o colapso sanitario que estamos a sufrir os galegos”, afirmou Formoso, que entende que a sanidade é “a peor tratada nos orzamentos”.

O Estado aumentou a partido de transferencias á comunidade galega en máis de 1700 millóns de euros, o que permitirá á Xunta aumentar en 1000 millóns o seus orzamentos cara 2023. Polo tanto, isto tradúcese “nunha oportunidade perdida” para o líder do PSdeG, de “recuperar os 976 profesionais sanitarios máis que había hai unha década”.

Incidiu en que “os galegos teñen que saber que de cada 1000 euros máis de orzamentos, soamente 33 irán cara a atención primaria”, polo que ante a situación de colapso que están a “sufrir os usuarios que esperan ata 25 días por unha cita co seu médico, cando lles collen o teléfono no Sergas” para Formoso precisa máis ca o 3% dos cartos que aumenta nos presupostos.

Valentín González Formoso respecto á educación, destaca que perde peso relativo respecto ao resto das partidas orzamentarias. Isto, a pesar de que aumente o investimento en FP, grazas á aposta decidida pola Formación Profesional do goberno do Estado, que aportará gran parte dos cartos que aumentan o seu orzamento.

GOBERNO SEN RUMBO NA ECONOMÍA

Atendendo e concreto ao aspecto industrial, criticou a inexistencia de suplementos económicos para os Pertes do Estado, especialmente para empresas como Stellantis, Showa Denko ou Altri, que aportan un gran número de postos de traballo a Galicia. Do mesmo xeito, solicitou maiores axudas para as industrias dun tamaño máis pequeno que están facendo fronte a custos de produción moi elevados que poñen en risco o seu futuro.

Referiuse a sectores como a pesca, destacando a falla de axudas aos barcos que “moitas veces saen a faenar a perdas” ante a suba dos prezos de combustibles ou para o sector da pesca de arrastre que se verá afectado, polo de agora, polo veto da Comisión Europea aos 87 caladoiros.

Formoso tamén fixo referencia á industria no rural, con especial atención á gandaría, denunciando que “as granxas, asfixiadas polos custes da enerxía, non teñen resposta” por parte do goberno galego. Así mesmo, falou dos transportistas, “chegando a deixar de traballar pola imposibilidade de facer fronte ás letras do seu camión”, que tampouco obteñen axudas nestes orzamentos.

Tamén lamentou que non se aposte dende estas contas polo sector da innovación que, aínda que teña unha pequena subida no súa partida, segue sendo moi pequena, “unha nova oportunidade perdida para encarar o futuro e reverter a emigración dos mozos e mozas galegas”. Comparou a situación de Galicia coa dunha comunidade como Navarra, que coa metade do orzamento inviste máis do dobre por habitante en I+D+i.

Por último, botou en falla que nos orzamentos non se reflectira o “regalo fiscal” aos 7700 millonarios de Galicia, polo que Formoso entende que a Xunta está a “agochalo”. Tamén en beneficios aos que máis teñen, subliñou que nos orzamentos hai unha rebaixa fiscal do 40% aos bingos “pola porta de atrás”, polo que preguntou se “para isto quería unha Lei do Xogo o PP?”

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18