Categorías: Uncategorized

Luis Álvarez propón a creación do Observatorio da Escola e Educación Rural para desenvolver un modelo educativo propio do interior de Galicia

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, presentou na Comisión de Educación celebrada hoxe unha pregunta oral para pedirlle á Xunta que constitúa o Observatorio da Escola e Educación Rural de Galicia. Álvarez chamou a seguir o camiño marcado polos gobernos de Asturias ou de Aragón na creación deste instrumento dirixido a desenvolver un modelo educativo propio da escola rural galega.

O responsable socialista propuxo a constitución deste órgano “colexiado de carácter consultivo, de asesoramento e con carácter participativo das diferentes entidades e administracións implicadas no desenvolvemento do medio rural e no sistema educativo de Galicia”. Este organismo permitiría “responder da problemática e da situación específica do medio educativo do rural desta Comunidade Autónoma”.

Sinalou que este órgano sería posible sen provocar cambios normativos, senón sobre a organización territorial, e permitiría paliar a falla de igualdade de oportunidades nos centros máis pequenos do rural. Apunta que permitiría acadar un “horizonte de mellora substancial na escola rural de Galicia”.

Este organismo permitiría mellorar a xestión da educación no rural por parte da Xunta, que na última década ten “negado toda posibilidade de facer unha planificación seria, obxectiva, que conte co necesario consenso, que forneza a oferta pública, sinaladamente no mundo rural, que dote de estabilidade ao sistema educativo e que se faga con perspectiva de país”.

Lembrou que a propia Lei orgánica de educación do ano 2006 obriga a ter en conta as necesidades específicas do medio rural, e chama a artellar un “axuste razoable dos criterios para a organización optatividade do alumnado de Secundaria onde sexa necesario”. A norma, dixo, obriga a dotar á educación do rural de recursos humanos, con formación específica do profesorado e dotando de materiais de aprendizaxe e recursos educativos a través da internet.

Perda de alumnos

Advertiu de que a perda de alumnos e a conseguinte redución de unidades nos centros e o peche de centros como consecuencia da crise demográfica “da lugar a situacións grave que deberan ser corrixidas á maior brevidade”. Sinalou que a redución de oferta educativa afonda o desmantelamento de servizos públicos no rural, e a aplicación dos mesmos criterios de oferta en centros con diferente número de unidades prexudica aos de menor tamaño.

Urxe así a adaptar a oferta de formación profesional ao contexto dos centros, superando a oferta actual, herdanza das ensinanzas da FP de primeiro e segundo grao establecidas na Lei Xeral de Educación de 1970.

Sinala ademais a necesidade de muda as políticas relativas aos servizos complementarios, na ampliación da cobertura dos comedores escolares, que permitan avanzar na educación alimentaria ao tempo que axudan á conciliación da vida familiar e laboral. Finalmente, sinala a dificultade de escolarizar ao alumnado en localidades diferentes á propia ao remate das etapas obrigatorias, provocando dificultades de horarios e custe económico.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04