Categorías: Actualidade

Luis Álvarez alerta do uso de recursos da Xunta para promoción electoral e esixe “criterios claros e xestión impecable” dos fondos para os concellos

Sinala que a Xunta “faría moi ben” en “centrarse na defensa dos escasos méritos da súa xestión económica” e “separarse” dun Feijóo “absolutamente débil, que defrauda cada vez que fala”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, alertou hoxe do uso electoral dos recursos da Xunta para promocionar aos candidatos do PP. O responsable socialista censurou a campaña de presentación dos candidatos do PP e esixiu “criterios claros” e unha “xestión impecable” de fondos para garantir un “reparto obxectivo” en período preelectoral.

Aludiu en primeiro lugar aos 15,6 millóns de euros de recursos adicionais para cooperación local dirixidos a concellos de menos de 15.000 habitantes, que o PP “negou na tramitación orzamentaria e agora resulta que si que os atoparon”. Esixiu “tódalas garantías” logo da resposta “titubeante” do presidente da Xunta sobre os criterios de reparto, e reclamou que “deixen de ser pedreas electorais de apoio aos candidatos e se convirtan nos investimentos que precisan os concellos”.

O responsable socialista alertou fronte á campaña de “promoción descarada” por parte do goberno galego empregando os resortes do goberno en apoio dos seus candidatos. Lembrou así o anuncio de infraestruturas en Ferrol con cargo aos fondos do Plan de transformación, recuperación e resiliencia nun acto ao que estivo invitado o candidato do PP pero do que o propio alcalde foi excluído.

O mesmo sucedeu coa entrega de chaves de vivenda pública convocado polo delegado da Xunta en Lugo que tivo lugar en Viveiro, ao que a alcaldesa non estaba invitada, pero si a candidata do PP, o mesmo que en Vilalba. O mesmo fixo o delegado da Xunta en Pontevedra nun acto en Forcarei, no que deixaron fora deliberadamente á alcaldesa do PSdeG, Verónica Pichel.

Esixiulle ao goberno galego un “mínimo de seriedade” na xestión de fondos, que contrastou coas dúbidas que o propio PP verte sobre a xestión de recursos europeos por parte do Estado con motivo da visita da delegación da Comisión de Control Orzamentario do Parlamento Europeo. Aquela delegación constatou que os sistemas de control “funcionan e se están a aplicar correctamente”, malia os esforzos do PP por verter “sombras de dúbida”.

Sinalou que mentres o PP “sigue intentando destruír, outros estamos intentando construír”, en alusión a unha campaña coa que “non lle fan dano ao goberno, fanlle dano a esa España que tanto din que aman”. Subliñou que “se queren seguir por aí que sigan, non van desviar ao goberno do Estado de facer política construtiva e de trasladarlle os fondos a tódalas comunidades autónomas sen ningún tipo de sesgo político”.

En resposta a preguntas dos xornalistas, situou á campaña do goberno galego contra as tarefas de reconstrución do viaduto da A-6 na mesma “estratexia destrutiva”, que dixo que “os técnicos decidirán” para acadar a solución máis rápida para recuperar a conexión. Ironizou coa “solvencia” amosada polo goberno galego, ofrecendo solucións que “non aplican cando tardan meses en resolver un socavón de 150 metros” na estrada autonómica entre Folgoso do Caurel e Quiroga.

Feijóocentrismo

O responsable socialista replicou as declaracións do Delegado do goberno, quen afeou o “feijóocentrismo” do presidente da Xunta, máis preocupado de secundar a campaña electoral do ex presidente da Xunta que de atender á xestión do goberno galego. Álvarez reclamoulles que “se centren máis na defensa dos escasos méritos da súa xestión económica”.

Sinalou que “farían moi ben en separarse dun líder absolutamente débil, que defrauda cada vez que fala”, malia que entendeu o “certo cariño” polo ex presidente da Xunta “pese ás erráticas e continuas meteduras de pata a nivel nacional en canto á política económica, nacional e internacional”.

Luis Álvarez iniciou a rolda de prensa de hoxe saudando á liberación da activista coruñesa Ana Baneira -logo de 4 meses detida en Irán por participar nas protestas polo falecemento de Mahsa Amini-, o que, dixo, amosa o “éxito do traballo serio e discreto do goberno de España”, e felicitou á familia e amizades polo feliz desenlace.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18