Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Formoso reivindica ao PSdeG como o partido que “mira polo ben da xente” e non o que busca representar á “xente de ben

O líder do PSdeG intervén na presentación da candidatura de Luís López Bueno á alcaldía da Estrada acompañado do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, interveu este sábado na presentación da candidatura de Luís López Bueno á alcaldía da Estrada, onde reivindicou ao PSdeG como o partido que “mira polo ben da xente” e non o que quere representar á “xente de ben”.

No acto de presentación, no que tamén participou o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, así como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o secretario provincial do partido, David Regades, o número un dos socialistas galegos incidiu en que “queremos despregar bos candidatos e bos programas, coa mensaxe unánime de ser o partido que mira polo ben da xente” e non o que “busca converterse no da xente de ben”, en alusión ás polémicas declaracións de Feijóo esta última semana.

Formoso enumerou algunhas das medidas socialistas que van nese camiño, como o aumento dun 8,5% das pensións a 681.000 galegos e galegas para combater a inflación, co obxectivo de que “no momento máis feble da súa vida teñan certezas e garantías e que as pensións sexan unha solución e non un problema”.

Tamén resaltou o “investimento histórico” con 2.500 millóns para bolsas de estudo e “impulsar a Formación Profesional” para que “ningunha persoa que teña a ilusión de ser médica, enxeñeira ou electromecánica, non deixe de facelo pola falta de recursos”. Estas son as cousas “polas que merece a pena meterse en política e apoiar ao PSdeG”, alegou.

En definitiva, o líder socialista recalcou que “o Partido Socialista concreta o seu discurso con feitos no Boletín Oficial do Estado”. Remarcou que no ámbito municipal, A Estrada, precisa dunha renovación co tamén membro da executiva nacional do PSdeG, Luís López Bueno, unha persoas moza que pode reverter o inverno demográfico que preocupa especialmente á veciñanza estradense.

Pola súa banda, o ministro Fernando Grande-Marlaska remarcou a importancia deste “acto de futuro e pola Estrada”, xa que acudiu dende Madrid para “apoiar a alguén como Luís” que “pode darlle a este concello as novas políticas que precisa, dirixidas ao progreso e á cohesión social”.

O ministro tamén cre que López Bueno é quen pode levar a cabo as políticas socialistas que “conxugan liberdade, igualdade e cohesión social”, polo que trasladouse ata a vila pontevedresa para arroupalo nun “acto importante, nun ano importante”.

Pola súa banda, López Bueno debullou polo miúdo o seu programa para gobernar A Estrada e salientou a importancia que ten reter xente e ofrecerlle oportunidades laborais para que o concello non sexa o único do seu entorno que perder poboación. “A xente vive onde come”, sinalou o candidato socialista.

ATRAER INVESTIMENTOS

Entre as propostas enumeradas polo candidato están a de “contar coa colaboración” da Zona Franca de igo para desenvolver o polígono industrial da Estrada, pois son oportunidades que poderían atraer novos investimentos, xerar riqueza e crear novos empregos “para saír da crise demográfica na que estamos”, abondou López Bueno.

Finalmente, o aspirante socialista fixo alusión ao lema de Catro por Catro utilizado polo PP durante a precampaña das municipais para remarcar que o único que buscar é manter os seus soldos no concellos e repartir licitacións “para os amigos”, mentres que o PSdeG emprega o lema de Máis de 20.000 razóns para que o municipio da Estrada non siga perdendo poboación nin o control sobre as políticas que pode promover.

A presentación de Luís López Bueno tivo lugar nun restaurante da Estrada no que se deron cita varios centos de persoas, así como cargos institucionais do PSdeG como o eurodeputado Nicolás González Casares, representantes nas Cortes Xerais como Guillermo Meijón, Ángeles Marra ou María Adrio, así como deputados autonómicos como Julio Torrado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57