Categorías: Actualidade

As políticas de Igualdade centrarán as iniciativas do Grupo Socialista no próximo Pleno do Parlamento

Luis Álvarez preguntaralle ao presidente da Xunta pola falla de iniciativas do Executivo na defensa e o impulso dos dereitos das mulleres

O Pleno do Parlamento incluirá unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que poña en marcha o polo de renovables en Ferrol

O Grupo Socialista dirixirá a maioría das súas iniciativas do próximo Pleno do Parlamento nas políticas de Igualdade, comezando pola sesión de control ao presidente da Xunta, centrada na falla de iniciativas do Executivo na defensa e impulso dos dereitos das mulleres. Así o explicou hoxe o portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

O responsable socialista explicou que a pregunta da sesión de control, que se celebrará coincidindo coa conmemoración do 8M, porá de manifesto a realidade de que as políticas de igualdade non son un “eixo prioritario do goberno galego”. Álvarez esixiralle ao presidente da Xunta que expoña as medidas previstas “para corrixir a traxectoria” de xestión do goberno galego e priorizar a defensa dos dereitos das mulleres.

O Pleno do Parlamento incluirá unha proposición non de Lei para propoñerlle á Xunta que acorde coa Fegamp a ampliación da rede de Centros de Información á Muller para estendelos a todo o territorio da Comunidade Autónoma, garantindo ademais a disposición de todo o persoal necesario “para atender ás mulleres que o necesiten”. Ademais, incluirán unha pregunta oral para reclamarlle ao goberno galego un Plan de choque para reducir a fenda salarial en Galicia.

As dúas interpelacións que levará o Grupo Socialista tamén se centrarán nas políticas de igualdade, en primeiro lugar pola infrarrepresentación das mulleres nos órganos directivos do sector pesqueiro, onde só 5 mulleres lideran as confrarías, dun total de 63 pósitos. Tamén lle reclamarán ao conselleiro de Educación que dea conta do I Plan de actuacións de igualdade nos centros educativos de Galicia, que rematou en 2020 e do que “nada sabemos a día de hoxe”.

Os socialistas galegos incluirán ademais unha moción para reclamarlle ao goberno galego unha política eficaz dos distintos departamentos do Executivo en materia de impulso demográfico. Álvarez reclamou unha acción coordinada que garanta o reforzo da atención primaria e en educación, políticas de vivenda específicas para zonas despoboadas, ou unha rede de transporte público eficaz en tódalas comarcas de Galicia.

Polo de I+D de Ferrol

O portavoz do Grupo Socialista explicou que o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que garanta a posta en marcha do polo de IU+D de enerxías renovables e de almacenamento en Ferrol. Reclamoulle ao PP que ratifique “claramente e sen titubeos” dende o Pleno do Parlamento o apoio á proposta aprobada co seu apoio no Concello de Ferrol o pasado 4 de xaneiro.

Naquela sesión, o Concello aprobou unha Declaración Institucional a proposta do alcalde para reclamar a instalación do polo de enerxías renovables, mariñas e de almacenamento. Os socialistas galegos sinalan que “non serven escusas” para un proxecto fundamental para a cidade, polo que esixiulle ao PP que “non se anden con titubeos” e aproben a proposta dentro dos 111 millóns de euros enviados a Galicia no marco do programa para a transición xusta da UE.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18