Categorías: Actualidade

O PSdeG reclama á Xunta “solucións de consenso” no problema da extracción da mexilla que axuden á convivencia entre sectores

Julio Torrado acusa ao goberno galego de “crear un conflito a propósito” para logo tentar resolvelo

Asegura que a Mar o asunto “fóiselle das mans” e que agora tentan enmendar a “mala conciencia” facendo ver que aportan solucións

 

O vicevoceiro do Grupo Socialista no Parlamento, Julio Torrado, reclamou este martes que o goberno galego aplique “solucións de consenso” para o problema da extracción da mexilla que axuden á convivencia entre os sectores. Así o prantexou durante a comparecencia do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica que tivo lugar na Cámara galega.

O representante socialista criticou a xestión do goberno galego cos sectores extractivos da mexilla e do percebe, acusando de novo ao executivo autonómico de “crear un conflito onde sempre houbo convivencia”, a través da “imposición” e ocultar información en vez de buscar “consenso” no sector.

Expuxo que a Xunta limitou a extracción da mexilla co obxectivo de protexer á extracción do percebe, aínda que non hai nada que acredite esta incompatibilidade. Os datos amosan que dende que se limitou a extracción da mexilla, a produción de percebe non só non aumentou, senón que descendeu ata un 22% na Coruña e en Pontevedra, e case un 30% en Lugo, onde xa antes non se podía recoller mexilla, en definitiva entende que é “un problema complexo que só lograron agravar”, alegou.

En total, resaltou que se perderon entre oito e dez millóns de euros no sector da mexilla, cando nunca houbo este problema de convivencia da extracción das dúas especies. Denuncia que isto tamén leva a unha perda da calidade do mexillón, que afectará no futuro tamén á mexilla.

Torrado entende que a Xunta creou “un problema que non existía para confrontar a sectores” coa intención de resolvelo ao seu favor, pero que agora o mesmo executivo deuse de conta de que “fóiselle das mans” a situación. É por isto que cre que o goberno galego ten “mala conciencia” polo conflito que xeraron e agora tentan aparentar que aportan solucións.

O balace que se fai desta situación por parte dos socialistas é que hai “un goberno que non entrega información, que crea un conflito onde non o había, que pon en risco o modo de vida dun sector e que xera un problema de produción”. “Cos datos na man, non se resolveu ningún dos problemas e agravouse a dispoñibilidade da mexilla”, sinalou Torrado.

Criticou que chegouse a tal punto que dende o propio sector bateeiro puxeron en tela de xuízo a lexitimidade do propio director xeral como interlocutor válido para solucionar o problema, algo que resalta como “preocupante” Torrado, pero que non comparte xa que é “este goberno o responsable de aportar as solucións”.

Ante as acusacións do director xeral de Pesca, subliñou que a preocupación do goberno non debe ser moita cando este problema está sobre a mesa dende hai xa tres anos, pero “aínda comparecen agora”. Sumado isto a unha “falta de transparencia á oposición”, sendo o último informe do que dispoñen do ano 2011, de “máis dunha década” polo que dubida que poda representar ben a conxuntura actual.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Rueda actuou coma o eco de Feijoo e deixa a Galicia sen a voz que merece”

O secretario xeral do socialistas galegos ve incomprensible que o presidente da Xunta se negase…

20/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro sinala que o últime informe da Valedora demostra que a xestión do PP na Xunta “está a debilitar o Estado do Benestar”

Alerta do aluvión de queixas pola xestión da sanidade, a educación ou a atención social…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a política fiscal “desenfocada” da Xunta provocou a perda de 300 millóns de euros de recadación en 2023 que lle perdoaron fundamentalmente á grandes fortunas

Patricia Iglesias critica o “ilusionismo fiscal” do goberno galego, que presume de baixar impostos aos…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que cubra a praza de médico en Lobios que está vacante dende hai un ano

Carmen R. Dacosta alerta das consecuencias dos recortes de Feijóo e Rueda e reivindica “un…

19/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a poñer en marcha os centros de Crise 24H para garantir a atención ás vítimas de violencia sexual

Alerta de que Galicia pode perder 5,8 millóns de euros de fondos se a Xunta…

19/09/2024
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica un PSdeG con raíces galeguistas, “que xa é a verdadeira referencia da esquerda para o 50 % da poboación”

Impulsará para recuperar a Xunta o modelo de proximidade das alcaldías socialistas fronte a un…

19/09/2024