Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama que a Xunta cumpra o acordo do Parlamento e cree o Observatorio de Igualdade no sector pesqueiro galego

Patricia Otero denuncia a “discriminación cara as mulleres” nos postos de dirección do sector

A voceira de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, reclamou hoxe na comisión de Pesca que a Xunta cumpra o acordo unánime do Parlamento de hai xa un ano para a creación dun Observatorio de igualdade no sector da pesca, ante as alarmantes cifras de desigualdade entre homes e mulleres, en especial coa falta de representación nos órganos de dirección.

A deputada socialista levou á comisión de Pesca unha iniciativa para reclamar á xa que se incumpriu por parte da Xunta o acordo unánime da cámara galega en marzo de 2022, para crear un observatorio da igualdade que estude a situación das mulleres no sector da pesca, contando coa necesaria achega orzamentaria.

Na iniciativa resaltaban que este debería estar formado por persoal técnico que “estude, analice e estableza diagnósticos e medidas correctoras que contribúan a mellorar a situación das galegas que traballan no mar ou en actividades relacionadas, prestando atención á escasa representación das mulleres en postos de dirección e representación”.

A proposición non de lei foi aprobada por unanimidade, pero Otero non confía na aplicación xa que cre que o grupo popular “vota a favor de novo para incumprilo unha vez máis”. Entende que o incumprimento dos acordos parlamentarios é unha dinámica habitual por parte da Xunta.

A isto engade unha falta de “compromiso” coa igualdade no sector que se viu ben claro cando a propia conselleira do Mar “négalles a entrada ao Consello de Pesca galego” á única asociación integrada por mulleres do sector en Galicia. Esta é Mulleres Salgadas, con máis de 2.000 participantes de tódolos sectores do mundo do mar.

Patricia Otero insistiu no fondo do asunto, a importancia da creación do observatorio de igualdade no sector, xa que “o que non se mide non se pode corrixir”. “É fundamental coñecer os datos, saber cales son as deficiencias e intentar facer propostas e dar solucións aos problemas que teñen a día de hoxe as mulleres do mar, porque de aí saíran os datos qu permitirán artellar as políticas futuras de cara a unha igualdade no sector do mar”, alegou.

Expuxo tamén algúns dos datos da falla de representación feminina nos órganos de dirección do sector, por exemplo con só tres mulleres como patroas maiores nun total de 63 confrarías galegas tralas últimas eleccións, cando eran 5 de 63 antes das mesmas, en definitiva nin sequera un 5% das mesmas ten ao fronte unha muller. Otero cre que “é o momento de pedir esas cotas nos órganos de representación no sector pesqueiro”, xa que as mulleres no sector do mar “non queren que os homes tomen as decisións por elas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18