Categorías: Actualidade

Liñas de apoio para a modernización das explotacións no rural

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, lamentou o veto do PP a unha proposición non de Lei presentada hoxe polos socialistas galegos na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia para reivindicar liñas de apoio específicas para a modernización do rural.

O responsable socialista reclamáballe ao goberno galego que presentara no primeiro trimestre de 2019 un “documento xeral” cun “seguimento público verificable” dos seus resultados anuais dirixido á “modernización das estruturas produtivas agrarias e gandeiras”. Amosou a súa sorpresa polo desinterese de PP e do goberno galego diante do “avance da despoboación e abandono das terras” do medio rural, que “se identifica cada día máis coa desertización”.

Apuntou ao grave desequilibro entre o urbano, que aglutina ao 80 por cento da poboación no 20 por cento do territorio, coa situación do medio rural, onde viven 2 de cada 10 galegos que ocupan o 80 por cento do territorio. Esta situación, sinalou, “limita e mesmo reduce o desenvolvemento global de Galicia en termos económicos, sociais, naturais, de emprego ou medioambientais”.

Apostou por “atallar esa dinámica negativa” promovendo política activas para acadar a fixación de poboación, a renovación xeracional, o impulso do lácteo como punta de lanza da modernización do medio, incrementando o peso dos produtores agrarios e gandeiros na cadea de valor, sinaladamente para os produtores de leite. Finalmente, propuxo o impulso dun plan específico de “viticultura social” para os traballadores a tempo parcial.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02