Categorías: Actualidade

Supresión das axudas da Xunta para vixilantes e asistencia técnica nas confrarías

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, alertou hoxe das consecuencias da supresión da liña de axudas do goberno galego a vixilancia e asistencia técnica en seis confrarías. No debate dunha iniciativa parlamentaria na Comisión de Pesca, Toja alertou da situación que afecta polo momento aos pósitos de Carril, Vilaxoán, Rianxo, Aldán, Ferrol e Barallobre.

Tan só a Confraría de Rianxo, explicou, perderá este ano 80.000 euros cos que costeaba seis vixilantes e unha bióloga, sen que o goberno galego teña máis resposta que asumir o custe “na medida do posible”. A responsable socialista advertiu que “xa sabemos o que significa a coletilla da medida do posible”, polo que reclamou “garantías” do goberno galego para apoiar ás confrarías “en lugar de estrangulalas”.

Loli Toja preguntoulle ao goberno galego se “realmente son capaces de valorar o impacto desta decisión para o control do furtivismo e a perda de recursos económicos” para as confrarías. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que lle reclamou ao goberno galego un estudo sobre as causas da caída nas extraccións de percebe.

Reclamoulle ao goberno galego que ofreza unha base científica para explicar os motivos desta caída nos tamaños e nas extraccións, cando as extraccións en Cedeira e Corme quedan por debaixo do cupo, en Cariño atopan pezas moi pequenas e en Meirrás ou Valdoviño teñen problemas semellantes. Amosou a súa sorpresa pola resposta da Xunta negando as incidencias que detectan as confrarías, polo que reclamou “informes que aclaren esta discrepancia”.

Habilitar a extracción

A parlamentaria socialista trasladoulle ao goberno galego a demanda das confrarías da Costa da Morte, sinaladamente a de Corme, para que habilite o día de mañá sábado para extraer percebe logo dunha campaña “desastrosa” debido aos temporais e mareas mortas que padeceron no que vai de inverno.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08