Categorías: Actualidade

Leticia Gallego urxe á Xunta a ampliar os aforos dos albergues ou ofrecer alternativas para aloxarse no Camiño

A voceira de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, urxiu á xunta que amplíe os aforos dos albergues ou, se a situación sanitaria non o permite, que ofreza “alternativas” para hospedase no Camiño. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento coa presentación dunha pregunta ao goberno, antes de manter un encontro cos representantes do sector hostaleiro que hoxe se concentraron nas portas do Parlamento, no que participou o secretario xeral do PSdeG. Gonzalo Caballero.

Ao fío disto, Gallego censurou hoxe a “falla de previsión” do goberno galego con respecto ao Camiño de Santiago cando durante este verán “moitos albergues colgaron o cartel de completo” e, como consecuencia, moitos peregrinos quedaron sen lugar onde poder durmir. Replicoulle ao conselleiro da Vicepresidencia, que cualificou a situación de “anécdota”, que “anécdotas coma esta fan que a xente non volva a Galicia”.

“Xa lle adianto que agora vai acontecer o mesmo porque dende o 15 de setembro ao 15 de outubro moitos albergues xa teñen todo reservado”, alertou a voceira socialista, quen subliñou que como non busquen unha alternativa, “outra vez os peregrinos non terán onde durmir”.

Por todo isto, instou ao goberno galego a dar “unha solución urxente”, xa que “esta imaxe non é boa nin para o turismo nin para o Ano Xacobeo, nin para Galicia”, o que implicará que estes turistas “non volverán a Galicia pola mala organización, falla de coordinación e nula planificación” do goberno galego.

Gallego reclamoulle ao conselleiro que manteña un encontro cos representantes do sector das verbenas, que hoxe se concentraron no exterior do Parlamento para demandar unha interlocución que o goberno galego, aseguran, lles está a negar.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31