Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Leticia Gallego esíxelle ao goberno galego que dignifique o traballo do persoal investigador para evitar a fuga de talentos

Denuncia a precariedade e a inestabilidade laboral na que ten a Xunta aos investigadores e investigadoras e a baixa execución dos orzamentos en I+D+i

A voceira de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, afirmou hoxe que a Xunta ten que “dignificar o traballo do persoal investigador” que está a desenvolver a súa actividade na nosa Comunidade. A deputada do PSdeG realizou esta petición para evitar unha fuga de talentos “que lle custa a Galicia 300 millóns ao ano” e que é consecuencia das condicións da “precariedade e da inestabilidade laboral inasumible” nas que ten á Xunta aos investigadores e investigadoras.

Como exemplo desta situación, Leticia Gallego subliñou que a Xunta non convocou as axudas posdoutorais en 2020. Ademais, nas que se sacaron este ano, “parece que o goberno galego busca o desmantelamento do principal programa de captación de doutores de Galicia” no canto de “realizar unha aposta firme por este perfil de investigadores, que garanten o retorno do investimento público e fortalecen a competitividade do sistema de investigación galego”.

Neste contexto, Leticia Gallego reclamoulle á Xunta que avance cara un modelo que priorice a I+D+i, sobre todo “nestes momentos onde a economía vai depender da innovación e da investigación”, como se evidenciou na crise sanitaria da covid, onde a biotecnoloxía “foi a nosa principal arma contra a pandemia”.

A maiores, Leticia Gallego fixo fincapé en que “o valor estratéxico deste sector vai máis alá da pandemia”, xa que estas empresas representan o 0,7 por cento do PIB estatal e xeran emprego e alto valor engadido. Con todo, segundo os últimos datos do INE, o gasto interno en I+D+i en Galicia sitúase en 232,6 euros por habitante, fronte aos 328,6 da media española.

“SE NON SUBEN OS ORZAMENTOS DA XUNTA EN I+D+i PERDEREMOS A BATALLA DO FUTURO”

Por iso, Leticia solicitou un maior apoio da Xunta ao I+D+i, incrementando as partidas nos orzamentos dos próximos  anos ata chegar polo menos ao 1´5 por cento de gasto sobre PIB. “Se non é así”, advertiu, “perderemos a batalla do futuro”.

Na mesma liña, Leticia Gallego instou ao goberno galego a que cumpra todos os obxectivos recollidos na Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico 2021-2025, que se presentou hoxe no Parlamento. “A teoría está moi ben”, afirmou, “pero logo hai que levala á práctica, cousa que non se fai por parte do goberno de Feijoo”.

Ao fío disto, Gallego referiuse á incapacidade da Xunta para acadar que o gasto en I+D+i chegase ao 1,7 por cento en 2020, tal e como se recollía na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2014-2020. “Este obxectivo”, lembrou a deputada do PSdeG, “foi inalcanzable e seguirao sendo mentres non se invista máis e logo se execute o orzamento”.

Así, a deputada socialista subliñou que as partidas dedicadas a investigación e desenvolvemento “son o ámbito con peor execución dos FEDER para o período 2014-2020, nas que só consta que se executara a día de hoxe o 31,5 por cento dos 213,5 millóns dispoñibles para Galicia”.

APOIO DO PSdeG AO PERSOAL INVESTIGADOR

Para paliar esta situación, Leticia Gallego explicou que o Grupo Socialista aposta por “reducir as cargas burocráticas que lastran a realización de proxectos de investigación, incrementar o número de contratos predoutorais e posdoutorais e dotar de estabilidade a carreira investigadora”.

Ademais, lembrou que a aprobación por unanimidade dunha iniciativa do PSdeG para instar á Xunta a elaborar un ambicioso plan galego de I+D+i no 2021, cunha dotación orzamentaria “que nos permita duplicar o gasto total para situar Galicia na media española”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28