Categorías: Actualidade

Noelia Otero pide á Xunta a ampliación do Centro de Saúde de Bouzas ao abrir “minguado e sen capacidade de ofrecer un servizo de calidade”

Lamenta que, despois de agardar máis dunha década para a súa posta en funcionamento, o goberno da Xunta recortase a superficie proxectada e eliminase tanto o servizo de pediatría como o servizo social

A deputada viguesa Noelia Otero pediu á Xunta, hoxe, no Parlamento de Galicia, a través da presentación dunha batería de iniciativas, a ampliación do Centro de Saúde de Bouzas despois de que abrise hai un mes “minguado e sen capacidade de ofrecer un servizo de calidade” en relación ao número de veciños e veciñas que viven no barrio.

“Despois de agardar máis dunha década para a súa posta en funcionamento e dunha parálise que derivou en atrasos reiterados, o goberno de Feijóo decidiu recortar a superficie proxectada, eliminar o servizo de pediatría e o de traballo social nun centro do que dependen arredor de 6.000 veciños e veciñas”, alertou a dirixente socialista.

Neste sentido, Otero lamentou que as instalacións dispoñan de “menos espazo, menos consultas e menos persoal”, o que repercute directamente no servizo prestado. Ademais, incidiu, “a decisión de derivar ás e aos menores de Bouzas ao Centro de Saúde de Navia supón saturar un centro de saúde xa de por si sobrecargado ante a elevada demanda infantil” desta zona.

Por todo isto, a voceira socialista pediu á Xunta que recupere as seis consultas previstas no proxecto inicial, incluíndo ao persoal sanitario necesario, así como a creación da consulta de pediatría e o servizo de traballo social que permitan desenvolver un servizo “de calidade” e cun horario de mañá e tarde.

“Tras 12 anos dunha política sanitaria errática marcada polos recortes do PP, cómpre reforzar a sanidade pública galega e, especialmente, a Atención Primaria que se atopa desbordada e con listas de espera que chegan ata os 15 días mesmo para citas telefónicas”, sinalou Otero despois de lembrar que este verán nun PAC de Vigo “unha facultativa chegou a atender a 98 pacientes nun só día, o que supón tres veces máis do que establecen os canons de funcionamento da Primaria”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08