Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Julio Torrado urxe á Xunta a mellorar a proposta de convenio do SERGAS co Colexio de Ópticos para ofrecer avaliacións da vista ás e aos usuarios

O deputado do PSdeG  sinala que “a Xunta e o PP néganse a resolver o problema” o que provoca que “parte do territorio quede sen cubrir”

O voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, urxiu á Xunta a mellorar a oferta de convenio do Sergas co Colexio Oficial de Ópticos e Optometristas para ofrecer avaliacións de vista á cidadanía. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento mediante unha pregunta oral ao conselleiro de Sanidade.

“Hoxe temos peor atención á saúde visual en Galicia que hai dous anos porque quere que os ópticos llo fagan gratis”, lamentou o socialista logo de sinalar que o colexio ofrecía estas avaliacións de balde para ás e os usuarios e tamén para o Sergas, xa que eran as e os propios profesionais quen asumían o custe do servizo ao fío do convenio do 2007. Porén, no ano 2020, e tras ver que a Xunta non cumpría o compromiso de melloralo como demandaba o colectivo, a asemblea do Colexio decidiu renunciar ao convenio.

Coa ruptura do mesmo, son agora os establecementos individualmente quen se adhiren ao convenio e, ante esta circunstancia, camíñase, alertou Torrado, existe unha quebra no acceso a este servizo por parte da cidadanía. Así, “onde antes existían máis de 600 establecementos adheridos, agora non chegan a dous centenares”. Polo tanto, alertou de que “parte do territorio, máis da metade dos concellos de Galicia, queda sen cubrir”.

“Isto provoca que se rompa a equidade asistencial”, sinalou o socialista, xa que existen poboacións que non dispoñen desta posibilidade e tamén provoca que o propio sistema público estea xerando un desequilibrio competitivo entre empresas ao recomendar aos seus pacientes unhas si e outras non. Ante esta circunstancia, lamentou, “a Xunta e o PP néganse a resolver o problema”.

Por todo isto, o responsable socialista instou ao goberno galego a realizar un novo convenio que “mellore as condicións previas” para o colectivo e permita “darlle a toda a cidadanía en igualdade de oportunidades este servizo”. Así a todo, destacou, o obxectivo último é que o servizo se inclúa dentro do catálogo de servizos do Sergas de forma progresivo ao igual que xa fan algunhas comunidades autónomas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06