Categorías: Actualidade

Juan Carlos Francisco esíxelle á Xunta que empregue os fondos de recuperación para “cambiar a política económica” e reverter o empobrecemento da poboación galega

O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, esixiulle hoxe ao goberno galego que empregue os inxentes fondos de recuperación que está a recibir Galicia para mudar a política económica na dirección de reverter o crecente empobrecemento da poboación galega. Francisco presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento para demandar unha nova política económica.

O responsable socialista criticou a falla de política económica por parte do goberno galego, máis preocupado de “privilexiar ás rendas máis altas” bonificando a fiscalidade para as rendas superiores mentres 26 comarcas do interior se enfrontan á perda do 30 por cento da poboación nun prazo de 15 a 20 anos. Reivindicou así novas solucións que primen o investimento de I+D+i, a política educativa, económica e a cohesión social e territorial.

Juan Carlos Francisco reclamoulle ao goberno galego que paren co peche de servizos públicos no interior, “garantindo por Lei que non se poida pechar calquera servizo en calquera lugar onde residan cidadáns galegos sen un informe do CES ou sen que o estableza por lei”. Sinalou a urxencia de tomar medidas tamén no plano fiscal “deixando de privilexiar ás rendas altas” para impoñer o principio de equidade e progresividade” e frear as taxas de desigualdade de Galicia.

O parlamentario socialista alertou do aumento galopante da pobreza en Galicia, onde no ano 2019 o 24,3 por cento da poboación, case un de cada catro galegos, está en risco de pobreza, 32.698 persoas máis que no ano anterior, e o 19,8 por cento da poboación total ingresa menos de 522 euros ao mes. Naquel mesmo ano había en Galicia 212.000 galegos e galegas en situación de pobreza severa, un 7,9 por cento máis que no ano anterior.

Levou ao Parlamento o informe da Rede Galega Contra a Pobreza, que alerta dunha “auténtica emerxencia social en Galicia, con 61.400 fogares galegos inseguros ou en situación de inseguridade”, mentres o 67 por cento dos galegos e galegas de 15 a 37 anos “viven na casa sen posibilidade de emanciparse”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18