Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Carmen Rodríguez Dacosta denuncia que a carencia de políticas de emprego da Xunta fai que Galicia teña 15.000 postos de traballo sen cubrir malia o aumento do paro

A parlamentaria do PSdeG lembra que a Xunta leva 12 anos sen tomar medidas para corrixir “esta grave desfeita”

A deputada socialista Carmen Rodríguez Dacosta denunciou hoxe que Galicia conta con 15.000 postos de traballo sen cubrir malia o incremento nas cifras do paro rexistrado, cun total de 154.045 desempregados en outubro, dos que 90.388 son mulleres. A parlamentaria do PSdeG achacou esta “grave distorsión entre a oferta e a demanda” á “carencia de políticas de emprego dende a Xunta de Galicia”, o que provoca unha “falta de dinamismo do mercado laboral galego”.

Polo miúdo, Carmen Rodríguez Dacosta explicou que esta situación afecta a importantes sectores produtivos en toda a Comunidade. Así, sinalou que o sector da construción é un dos máis afectados, con necesidade de incorporar entre 4.000 e 8.000 novos traballadores.

Tampouco se salvan “desta desconexión entre a oferta e a demanda” o sector do metal, o do moble, o do transporte ou o sector servizos.

Durante unha pregunta ao goberno no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta lembrou que “esta problemática non é nova”, cun “importantísimo desaxuste en Galicia entre o sistema educativo e a realidade empresarial” e cun “envellecemento da poboación galega” que “define o noso mercado laboral” dende hai tempo. Malia todo, a parlamentaria socialista incidiu en que a Xunta leva 12 anos sen tomar medidas para emendar “esta grave desfeita”.

Por contra, lembrou que dende o ano 2009 o orzamento para políticas de emprego se reduciu á metade e que ata 2020 quedaron sen executar 1.540 millóns de euros deses fondos. Esa redución notouse de maneira particular nos cartos destinados ás oficinas de emprego, “que teñen como primeiro obxectivo a colocación dos demandantes”.

A maiores, e a pesar das reiteradas demandas do PSdeG, Carmen Rodríguez Dacosta lamentou a carencia de diagnose de necesidades das empresas, a falla de formación adecuada ás necesidades da demanda ou a de técnicos que elaboren os itinerarios personalizados de emprego. “Se non temos esa diagnose”, lembrou a parlamentaria do PSdeG, “malamente se poderán poñer en marcha as medidas de choque necesarias para paliar esta situación”.

Neste escenario de eivas, a deputada socialista criticou que “tivemos que agardar ata onte para que a consellería de Emprego anunciase que vai adaptar a formación para o emprego para anticiparse aos requirimentos do mercado laboral”. Do mesmo xeito, non foi ata este mesmo ano cando se anunciou a licitación dun estudo de tecnoloxía emerxentes para formular un catálogo formativo de perfís profesionais para o futuro”.

Con todo, Carmen Rodríguez Dacosta indicou que é necesario “fortalecer o sistema de emprego público de Galicia e mellorar a empregabilidade dos demandantes a través de itinerarios personalizados de emprego”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08