Categorías: Actualidade

Julio Torrado urxe a Portos a axilizar o cambio de titularidade dos espazos sen uso portuario a favor dos concellos

O parlamentario socialista Julio Torrado urxiu hoxe a Portos de Galicia a acelerar o cumprimento do acordo parlamentario para pedir o cambio de titularidade dos terreos sen uso portuario a favor dos concellos. Torrado presentou unha pregunta en Comisión para sinalar a preguiza do ente autonómico á hora de levar adiante a desafectación de terreos, por canto os concellos “presentan solicitudes que caen no caixón do esquecemento”.

Emprazou a Portos a ceder a titularidade, que “é moito mellor que sexa eficiente para os cidadáns antes de que Portos se dedique a forrarse a costa dos concellos”. Aludiu así aos terreos destinados nun momento á actividade portuaria, pero que co desenvolvemento das vilas pasaron a ser empregados polos concellos, polo que ortos “cobra, recolle e recada pero non se ocupa” do mantemento, provocando unha “desatención que ten que ser asumida polos concellos”.

O responsable socialista puxo como exemplo o caso de O Grove, onde o edificio do Concello está directamente en terreo portuario, o Salón Peña en Cambados, ou o Centro de Saúde de Cariño, todos eles exemplos que nada teñen que ver coa actividade portuaria pero nos que o ente autonómico retén as súa titularidade.

Chamou a axilizar a desafección da titularidade a favor dos concellos, cumprindo co mandato grazas a unha iniciativa do Grupo Socialista aprobada en Pleno no pasado ano 2020, que supuxo un cambio de posición do PP, que viña de rexeitar a mesma proposta en 2018. Reclamou proactividade de Portos para asumir o mandato parlamentario co que “verbalmente se manifestan de acordo” pero que en realidade eluden darlle cumprimento.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19