Categorías: Actualidade

O goberno galego leva 12 anos incumprindo o Pacto Local e mantendo conxelado o Fondo de Cooperación Local

A portavoz de Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego de levar 12 anos incumprindo co Pacto Local, vulnerando os acordos asinados coas entidades locais. Así o dixo na comparecencia da directora xeral de Administración Local, que deu conta da última xuntanza da Comisión Galega de Cooperación Local, que o goberno galego leva 12 anos “desprezando”.

A responsable socialista presentou hoxe un amplo catálogo de incumprimentos por parte do goberno galego coas entidades locais, que pasan por que nin sequera teñan comezado a negociar unha Lei autonómica de participación nos ingresos da Comunidade Autónoma. Ademais, malia que os concellos reciben a participación dos ingresos de Galicia a través do Fondo de Cooperación Local, este non ten aumentado “nin un só euro” nos últimos 12 anos de goberno de Feijóo.

Ademais, lembrou que a Xunta “non ten pactado as normas e bases comúns que rexen as convocatorias existentes de subvencións e axuda aos concellos, así como as transferencias automáticas das anualidades”. Advertiu de que a Xunta distribúe os fondos “co único criterio de ter un goberno do PP”, ata o punto de que a Consellería de Presidencia destinou a concellos deste partido 5,5 dos pouco máis de 6 millóns de euros transferidos.

Rodríguez Rumbo sinalou que logo de 15 anos da sinatura do Pacto Local, os últimos 12 coincidiron con gobernos de Feijóo na Xunta, os mesmos que estivo “incumprindo os acordos”. Estes inclúen o mantemento dos centros de ensino primario, os centros de saúde, os consultorios, as Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia, os conservatorios profesionais ou os xulgados de Paz que teñen que afrontar os concellos malia que carecen de competencias.

Ademais de eludir estas obrigas, o goberno galego vén de impoñer novas competencias aos concellos galegos “sen dotalos do financiamento necesario para levalas a cabo”, e mesmo no contexto da pandemia, na que a Xunta recibiu inxentes fondos do Estado para as necesidades derivadas da covid – 19, estes non teñen chegado aos concellos.

Comisión Galega de Cooperación Local

A parlamentaria socialista criticou hoxe o “desprezo” amosado polo goberno galego cara á Comisión Galega de Cooperación Local –CGCL-, que entre 2009 e 2016 “non se reuniu unha soa vez”, malia que estea constituída como órgano permanente de colaboración para a coordinación entre a Administración autonómica e as entidades locais galegas.

Engadiu que levan 12 anos “incumprindo coas funcións encomendadas á CGCL que, entre outras, ten as de velar polo cumprimento dos principios de autonomía e suficiencia financeira e definir parámetros obxectivos para a distribución os recursos das entidades locais”.

Axudas á limpeza de parques municipais

A portavoz de Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, presentou unha pregunta oral na Comisión de Política Institucional do Parlamento para reclamarlle á Xunta que libere parte dos fondos que recibiu para asumir custes derivados da pandemia para axudar aos concellos a financiar a limpeza e desinfección de parques e zonas deportivas ao aire libre.

A responsable socialista explicou que estas medidas decretadas polo goberno galego están a supor un sobrecuste importante para as arcas municipais, que no caso do Concello de Pontevedra ascende a 50.000 euros municipais, sen que poña recursos para axudar. Sinala que o financiamento destas medidas pode poñer nunha situación difícil as contas dos concellos galegos, que se ven obrigados a asumir un importante gasto extraordinario.

Sinalou que “non cuestionamos a necesidade” de tomar estas medidas de hixienización e desinfección, pero alertou de que “a maior parte dos concellos carecen dos recursos necesarios para atender estas medidas con garantías”.

Lembrou que a Federación Galega de Municipios e Provincias –Fegamp- ten solicitado a constitución dunha Comisión permanente para desenvolver o seguimento continuo das necesidades en cada caso e, dixo, acordar “que parte do financiamento destas medidas debera ter asumido a Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38