Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Julio Torrado reclámalle á Xunta que tome medidas para garantir o dereito ao traslado de confraría por conciliación

Reitera a petición ao goberno galego para que introduza os cambios normativos necesarios para que exista unha praza de reserva en caso de violencia de xénero ou coidado de persoas dependentes

O deputado socialista Julio Torrado preguntoulle hoxe á Xunta polas medidas que ten previsto adoptar para garantir o dereito ao traslado de confraría de aquelas persoas con permiso de explotación marisqueira concedido e que queiran cambiar de lugar de traballo para conciliar a vida laboral e persoal. Nestes intres, esa posibilidade está recollida na normativa para vítimas de violencia de xénero ou para quen teña ao seu cargo persoas dependentes.

Malia Todo, Torrado advertiu que o dereito recóllese no papel, pero na práctica é moi difícil que se poida levar a cabo. Nesta liña explicou que para poder acceder a un cambio de confraría hai que cumprir tres requisitos: que exista unha solicitude, que haxa un informe favorable da Consellería de Pesca e, por último, que exista praza dispoñible no lugar para o que se solicita o traslado.

“É neste último punto onde está o problema”, remarcou Julio Torrado, “xa que non existen esas prazas dispoñibles”. Polo tanto, estamos ante un dereito que non é efectivo como evidencia o feito de que en máis 90 por cento dos casos rexéitase a solicitude de traslado, como recoñeceu a propia Consellería do Mar.

Polo tanto, Julio Torrado lamentou que, de maneira habitual, se dea a circunstancia de que persoas que, cumprindo os requisitos que marca a normativa, non poidan facer efectivo o cambio de lugar de traballo. Incidiu ademais en que as prexudicadas son fundamentalmente mulleres, xa que son maioritariamente as que sofren a violencia de xénero e as que se fan cargo das persoas dependentes no ámbito familiar.

Ao mesmo tempo, subliñou que este dereito, como defende a Xunta, non pode quedar a expensas de que as confrarías ou entidades o avalen. “Se isto está condicionado ao criterio de terceiros non sería un dereito, senón unha submisión”, sinalou Torrado antes de lembrar que “os dereitos son individuais e, polo tanto, hai que poñer os medios que se poidan exercer sen condicionalos a que as entidades decidan se queren ou non reservar unha praza para estas circunstancias que marca a normativa”.

Nesta liña, o deputado socialista reiterou a súa proposta para que a Xunta realice os cambios necesarios para garantir que todas as confrarías galegas teñan dispoñible unha praza para dar resposta a estas demandas, sempre e cando cumpran os requisitos. Esa solicitude xa se presentou en forma de proposición non de lei hai unhas semanas, pero non saíu adiante polo voto en contra do Partido Popular.

“Cal é o problema de habilitar unha praza extra ou de reserva?”, preguntou Julio Torrado antes de lembrar que ese modelo aplícase en todos os procesos selectivos da Xunta para diferentes colectivos. Sinalou ademais esa opción -e con máis razón tendo en conta as poucas solicitudes presentadas nos últimos anos- “non alteraría para nada a actividade das confrarías nin do conxunto do sector”. En cambio, remarcou, “permitiría recoñecer un dereito de maneira efectiva e que pase do papel á realidade”

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19