Categorías: Actualidade

Noelia Otero urxe á Xunta a poñer en marcha o observatorio contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, logo de 2 anos constituído pero sen actividade

A portavoz de LGTBI do Grupo Socialista, Noelia Otero, afeoulle hoxe á Xunta que continúe a dar largas sobre a posta en marcha do Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero. Otero presentou unha proposición no de Lei en Comisión do Parlamento para reivindicar “contido propio, actividade e orzamento” para este órgano, que permanece inactivo dous anos despois da súa constitución, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista lembrou que a constitución deste órgano, prevista na Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación das persoas LGTBI de 2014, non se deu ata 2019, e o seu regulamento non foi aprobado ata dous anos despois, en xullo de 2021. Lamento que o goberno galego continúe arrastrando os pés na posta en marcha dun organismo previsto “non para que quede bonito, senón para que teña algún tipo de utilidade”.

Otero fixo propias no Parlamento de Galicia as demandas das asociacións e sindicatos, que están a reclamarlle á Consellería que se tome en serio ao órgano e acorde un calendario e un plan de traballo concretos cos distintos colectivos e asociacións que traballan no ámbito dos dereitos das persoas LGTBI. Non lles vale de nada, sinalou, que a conselleira anunciara en decembro que no primeiro trimestre do ano habería unha primeira xuntanza do órgano que nunca se produciu.

Advertiu de que “o grave é que as persoas e colectivos, que están a demandar información, actividade e recursos, constatan que non teñen contacto algún coa conselleira para desenvolver ningún tipo de convenios que permitan sustentar a súa actividade ao longo do ano”. Demanda unha “mínima planificación dentro dun orzamento pírrico da Xunta de Galicia”, que destina apenas 25.000 euros para todos estes colectivos.

Agresións a diario

A parlamentaria advertiu de que “no estamos a falar pola persecución contra as persoas LGTBI arredor do mundo: estamos a falar de agresións e ameazas a persoas LGTBI que rexistramos a diario aquí en Galicia”.

Lembrou así o asasinato de Samuel Luiz en A Coruña, a agresión cunha porra extensible a un matrimonio de persoas do mesmo sexo, a agresión en Candeán a unha muller que portaba unha pulseira LGTBI, a muller transexual que foi arroxada dende a muralla de Lugo ou as pintadas ameazantes contra unha parella que pendurou unha bandeira co arco da vella da súa fiestra. Todos estes casos foron rexistrados o ano pasado en Galicia.

Puntualizou que “non é teima deste Grupo Parlamentario, é a realidade á que nos estamos a infrontar día a día” en Galicia, onde 6 de cada 10 persoas LGTBI admiten ter sufrido agresións verbais ou físicas pola súa orientación ou identidade sexual. Unhas cifras que, lamentou, “temos que coñecer polo observatorio de A Coruña, xa que o galego non ten actividade” polo abandono do goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27