Categorías: Actualidade

Julio Torrado denuncia a “posición pusilánime” da Xunta coa xestión dos bancos marisqueiros de arousa e no conflito da mexilla entre bateeiros e percebeiros

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe a “posición pusilánime” do goberno galego á hora de afrontar a xestión dos bancos de libre marisqueo na Ría de Arousa e no conflito da mexilla entre bateeiros e percebeiros. Torrado presentou dúas iniciativas na Comisión de Pesca do Parlamento para reclamar a intervención do goberno galego para resolver ámbolos dous conflitos, que chocaron co voto en contra do PP.

Torrado lamentou a “pasividade absoluta” da Xunta diante da caída drástica da produtividade dos bancos marisqueiros da ría de Arousa. O goberno galego ten derivado a xestión dos bancos nas confrarías pero sen dotarlles de recursos para facer as actuacións necesarias, co que “estrangulan as opcións e limitan os investimentos” demostrando que “a súa única preocupación é salvarse e non mancharse”.

Criticou que o PP teña acusado á oposición de “catastrofista” cando no primeiro día de libre marisqueo no banco de Cavío, hai agora menos de un mes, os mariscadores só puideran recoller 25 quilos de ameixa babosa en todo o banco, co que “o día que teoricamente máis da foi peor que o último da campaña pasada”. Explicou que “non se pode vivir sacando como máximo 3 quilos nunha xornada, é imposible”.

Reclamou “investimento real” para “buscar outro modelo de xestión” que resolva o problema da que viña sendo “a ría máis produtiva do mundo”, polo que lle reclamou ao goberno galego que “anuncie menos e faga algo”. Sinalou que “algo está a pasar” cando en 2009 había 6.500 permisos de explotación marisqueira –Permex- e o PP asumira o goberno co compromiso de superar os 8.000, cando “hoxe a realidade é que non chegamos aos 4.000”.

Apuntou á necesidade de dragar a saída do río, xa que “tal e como está a area nos Lombos do Ulla a auga doce chega por onde non debía, invadindo os bancos marisqueiros” e provocando a perda da produción de bivalvos.

Mexilla

Ademais, o responsable socialista lamentou o voto en contra do PP a unha proposta presentada nesta mesma Comisión para reclamar a mediación do goberno galego no conflito entre bateeiros e percebeiros pola recollida de mexilla. Sinalou que este voto en contra evidencia que “ou non queren resolver, ou non queren cumprir a normativa ou queren modificala condicionando ao sector”.

Criticou que no canto de mediar e resolver o conflito con vontade de tranquilizar e chegar a acordos, o goberno galego estea “alimentando o conflito entre dous sectores do mar”, ata o punto de que teñan cambiado as zonas de recollida de mexilla dous días antes do inicio da temporada, mañá mércores. O resultado foi que “onte dimitíronlle en bloque tódolos mexilloeiros da Mesa”, o que “é a primeira vez que pasa en dez anos”.

Considera “inaceptable” que en lugar de dialogo e consenso, a Consellería do Mar estea “buscando o conflito” impoñendo unha solución mediante “chantaxe” sobre unha das partes, e ademais “terxiversando a normativa , permitindo alterar o procedemento de extracción e deixando aos bateeiros menos capacidade porque si”. Reivindicou a intervención da Xunta para “acadar un acordo entre as partes facendo cumprir coa normativa”.

Sinalou que “se o que queren é cambiar a normativa, deben facelo preferiblemente co acordo co sector, pero ás claras, explicando os motivos, deixando claro que non responde a intereses espurios e explicando en que mellora a situación actual”. Alertou que “non vaia ser que haxa un ou unha militante do PP que teña unha empresa e que nun tempo estea vendéndolles mexilla aos mexilloeiros”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28