Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

G. Caballero preguntaralle a Feijoo sobre como vai afrontar o goberno galego os riscos e efectos da sexta onda da covid para que non se cometan os mesmos erros do ano pasado

Pablo Arangüena anuncia unha proposición non de lei para que a Xunta aplique a partir de xaneiro a gratuidade das escolas infantís para alumnado de 0 a 3 anos, que se incluía no programa electoral do PSdeG

O voceiro do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, empregará a sesión de control do vindeiro Pleno do Parlamento para preguntarlle a Feijoo sobre as medidas que vai adoptar a Xunta ante a sexta onda da pandemia da covid. Así o explicou esta mañá o vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, logo da Xunta de Portavoces que se reuniu hoxe para fixar a orde do día do Pleno da próxima semana.

O deputado do PSdeG indicou que o escenario actual lembra ao que pasou hai un ano con “aquela famosa frase de Feijoo de salvar o Nadal”. Por iso, agarda “que un ano despois se aprendese daquela experiencia e non se cometan os erros que se cometeron entón”.

Por outra banda, Pablo Arangüena anunciou que o Partido Socialista levará á sesión plenaria unha proposición non de lei sobre as actuacións que debe levar a cabo o goberno galego para dotar de orzamento e executar dende xaneiro de 2022 a gratuidade das escolas infantís para alumnado de 0 a 3 anos de idade.

A este respecto, lembrou que “xa hai recursos proporcionados polo Estado nos orzamentos da Xunta” e incidiu en que esta medida xa estaba “incluída no noso programa electoral”. Xa que logo, valorou “positivamente” a súa implantación en Galicia, pero pediu “que se faga xa porque hai recursos para facelo”.

REDE PÚBLICA DE BOQUES AUTÓCTONOS

O Grupo Socialista tamén levará a debate unha proposición non de lei sobre a protección do bosque autóctono, “que está en retroceso na nosa comunidade fronte ao avance do eucalipto”. Por iso, Pablo Arangüna defendeu que “debe ser protexido dende as políticas públicas”.

En concreto, a proposta do PSdeG pasa pola creación dunha rede pública de bosques autóctonos que garanta que haxa un polo menos en cada municipio. As súa utilidades pasarían por “educar aos nenos e nenas” ou servir para o “esparexemento da cidadanía, así como sensibilizar no coidado e protección do medio “nun mundo en grave crise ecolóxica e climática, na que o bosque xoga un papel fundamental como recoñeceu a recente conferencia do clima de Glasgow”.

A maiores, a orde do día do próximo Pleno tamén incluirá unha moción do Grupo Socialista sobre a política do goberno galego ao respecto do sector da carne de vacún. Pablo Arangüena alertou de que “está a sufrir unha crise moi importante” e, nese contexto, reclamoulle á Xunta que convoque unha orde de axudas específica ante “a situación excepcional” dese sector.

Tamén demandou que se implemente unha lonxa dixital de gando, que se cree un observatorio de prezos e que se poña en marcha un plan de dimensionamento das explotacións no marco das axudas de desenvolvemento rural.

Pablo Arangüena tamén anunciou interpelación sobre a política da Xunta respecto da discriminación do colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais no eido laboral. Ao fío disto, o parlamentario do PSdeG fixo mención a un recente estudo do sindicato UGT, do que se desprende que en Galicia o 91 por cento das persoas LGTBI considera necesario ocultar a súa orientación sexual no ámbito do traballo. Ademais, 6 de cada 10 teñen sufrido algunha agresión verbal, psicolóxica ou incluso física.

A pregunta urxente versará sobre o conflito entre bateeiros e percebeiros pola extracción da mexilla. O vicevoceiro do Grupo Socialista advertiu que “este conflito está medrando e en risco de desembocar en situacións de violencia que ninguén quere”. “A Xunta”, subliñou, “ten que evitalo, exercer as súas competencias, verificar que se cumpre a normativa e mediar e consensuar con ambos sectores”.

Finalmente, Pablo Arangüena explicou que o Grupo Socialista suscitará dúas preguntas ao goberno galego. A primeira, sobre a situación da industria do automóbil de Vigo ante o problema de abastecemento de semicondutores.

A segunda será sobre as medidas previstas polo goberno galego ante “a grave perda” de produción de castañas na campaña deste ano nas provincias de Ourense e Lugo. Arangüena cifrou a caída entre o 70 e o 80 por cento da produción “en moitas zonas cuxa economía depende da castaña”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28