Categorías: Actualidade

Julio Torrado acusa a Portos de Galicia de actuar “como usureiro” ao negarse a reverter nos concellos os terreos sen uso portuario

Denuncia que “seguen quedándose cos terreos para facer uso abusivo das taxas” e “boicotear aos concellos”

O viceportavoz do Grupo Socialista Julio Torrado acusou hoxe a Portos de actuar “como usureiro” dos terreos que xa non teñen uso portuario porque están integrados na actividade municipal. Torrado presentou unha pregunta na Comisión de Pesca celebrada hoxe para reclamarlle a Portos que cumpra co acordo aprobado hai dous anos e medio para que reverta nos concellos a titularidade destes terreos que xa non teñen nada que ver coa súa actividade.

Afeoulle a Portos de Galicia que empregue estes terreos, integrados na vida municipal ao desprazarse o porto, para facer “un uso abusivo das taxas” e “cobrar mentres non coidan nada”. Dixo que “desatenden as súas obrigas” mentres “boicotean aos concellos” e “impiden avanzar” mentres amparan a “competencia desleal” dos negocios instalados no seu terreo, que lles pagan taxas a eles en lugar de aos concellos.

Criticou que mentres cobran polo uso dos terreos para a celebración de eventos dos concellos, os ingresos non repercuten no mantemento dos terreos, que “deixan abandonados para que despois os candidatos do PP vaian criticar ao concello porque está mal” aínda que sexa responsabilidade de Portos. Advertiu que “cando lles deixan a vostedes o mantemento morres as árbores, descóidanse os parques e os terreos están destrozados” e non deixan actuar aos concellos.

Lembra que hai dous anos e medio o Parlamento aprobou unha iniciativa presentada polo Grupo Socialista para pedirlles o cambio de titularidade dos terreos sen uso portuario a favor dos concellos. Sen embargo, a día de hoxe no fixeron ningún traslado de competencias, e preguntoulle “se valen para algo máis que para ser o cobrador do frac” e se “van seguir funcionando como un instrumento partidista e seguir a velas vir”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57