Categorías: Actualidade

Instamos á Xunta de Galicia a que protexa catro xacementos arqueolóxicos romanos de Lugo e Ourense

Concepción Burgo, Portavoz de Cultura do Grupo Socialista, presentou hoxe unha pregunta en Comisión para pedirlle á Xunta que protexa catro xacementos arqueolóxicos romanos do século I a.C. atopados en Lugo e Ourense polo grupo de investigadores da USC Romanarmy perante a posibilidade de que unha reforestación do monte deteriore parcial ou totalmente un dos xacementos.

Burgo explicou que esta reforestación supón un “perigo real”, xa que “non sería a primeira vez que por unha reforestación do monte se destrúen xacementos arqueolóxicos” facendo referencia á destrución duns xacementos na fronteira entre Lugo e O Bierzo.

Polo tanto, a deputada fixo fincapé en que o xacemento en perigo, o de Penedo dos Lobos que se atopa en Manzaneda, é o máis antigo e relevante. Burgo explicou que “é un campamento temporal, os cales non se atopan en Galicia, e pertence á época da invasión dos romanos en Gallaecia e as guerras cántabras, unha época da que existen moi poucos xacementos en Galicia”.

Os catro xacementos

A deputada socialista levou á Comisión os descubrimentos arqueolóxicos de Romanarmy e puxo de relevo a importancia de cada un dos xacementos. Explicou así que estes foron atopados respectivamente en A Penaparda (no concello de A Fonsagrada), Monte de Verín (no concello de Pol), Penedo de Lobos (concello de Manzaneda) e en Cabeza de Pau (concello de Petín).

Burgo levou, polo tanto, as demandas do grupo de investigadores da USC para aumentar as prospeccións e as equipas de teledetección e sondeo arqueolóxico, necesarias para protexer os catro xacementos tendo en conta que “corren un serio risco de desaparición”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02