Categorías: Actualidade

Feijóo ten renunciado a defender o galego

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, centrará a sesión de control ao presidente do próximo Pleno do Parlamento na defensa do autogoberno fronte ás ameazas de recentralización. Logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día da próxima sesión plenaria, centrouse nos “aspectos lingüísticos do autogoberno”, para denunciar que Feijóo “ten renunciado a defender o noso idioma”.

Fernández Leiceaga sinalou que o galego require que o presidente da Xunta sexa “claro, explícito, firme e contundente” na súa defensa, pero “non o é” diante da deriva recentralizadora adoptada no discurso do seu partido. Lembrou o esforzo invertido para acadar unha convivencia entre as dúas linguas cooficiais en Galicia, resolto con “sombras”, como un Decreto do Plurilingüismo no Ensino que, dixo, “estigmatiza ao galego”.

A pesares disto, dixo, o galego é respaldado por un “marco de acordo global” baseado na Constitución, o Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e a normativa que deriva dela. Ademais require, lembrou, que a Xunta e a presidencia do goberno sexan “absolutamente firmes e contundentes na defensa do marco de convivencia lingüística”, e que defendan a esixencia legal de coñecer as dúas linguas na función pública, como figura nas convocatorias de oposicións.

Os socialistas presentarán ademais unha proposición non de Lei para “darlle ao PP a oportunidade de definirse” de cara a unha axenda de autogoberno que reivindica ata 30 competencias que xa son xestionadas polas demais comunidades autónomas do Estado. Fernández Leiceaga sinalou así á inspección laboral, a Policía Autonómica ou Tráfico como novas competencias ás que pode aspirar Galicia “non violentando nada nin quebrando ningunha norma”.

Fernández Leiceaga recolleu o guante lanzado hai días polo presidente da Xunta en favor de afondar no autogoberno presentando esta iniciativa coa que propoñen unha axenda “flexible, aberta e discutible” coa vista posta nunha negociación posterior na Comisión Mixta de Transferencias. Apostou por “revitalizar o autogoberno logo dunha década de parálise”, aludindo a que en todo o tempo que leva Feijóo gobernando non acadou nin unha soa nova competencia.

Igualdade

Os socialistas centrarán tamén o próximo Pleno do Parlamento na igualdade de xénero, que “debe estar tamén presente nos debates parlamentarios” diante da folga convocada para este venres, con motivo do Día Internacional da Muller. O Grupo Socialista presentará así unha moción para reclamar o reforzo e implantación de Centros de Información á Muller –CIM- en todo o territorio autonómico.

Tamén levarán unha moción para reivindicar o cumprimento da Lei de Igualdade no Traballo, aprobada en 2007 polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño. Fernández Leiceaga reclamou a aplicación de cláusulas para favorecer a igualdade nas empresas que contraten coa administración pública e aquelas que sexan beneficiarias de subvencións públicas.

Tamén propuxo a convocatoria dunha Mesa de Traballo entre patronal e sindicatos para acordar medidas de conciliación e organización de horarios, coa a implicación do Consello Galego de Relacións Laborais para favorecer o impulso de medidas de igualdade nos procesos de negociación colectiva. Sinalou que os consellos de administración das empresas públicas deberán contar coa presenza equilibrada dos dous xéneros.

Sanidade

O portavoz do Grupo Socialista situou ademais á sanidade como un dos eixos do próximo Pleno, coa comparecencia do conselleiro para dar conta das dificultades que está a ter nas conversas co colectivo de profesionais da sanidade. Explicou que “sen máis recursos humanos nin financiación é imposible” resolver as conversas de forma satisfactoria nin mellorar a calidade asistencial logo de dez anos de recortes.

Os socialistas presentarán unha proposición non de Lei para comprometer á Xunta de Galicia na resolución dos problemas específicos dos profesionais dos PAC, así como dos servizos de urxencias e do transporte sanitario urxente.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24