Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero ve que Feijóo “tenta poñer unha careta” tras “abandonar Galicia toda a lexislatura” e falar agora de competencias

Cristina Narbona destaca que “más de un millón de gallegos serán beneficiados directamente” dos PGE

A Coruña, 4 de febreiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou hoxe ao presidente da Xunta de estar tentando “poñer unha careta” tras “abandonar Galicia toda a lexislatura” ao falar agora de traspasos de competencias e ao renunciar a acudir a un acto do seu partido en Madrid “coa escusa dunha obra”.

“Feijóo deixa menos xente, peores servizos públicos, unha sanidade tocada moi profundamente…”, enumerou o líder dos socialistas galegos, ao tempo que reprobou que o mandatario “di unha cousa en Santiago e outra en Madrid” no que ás transferencias se refire porque non desbota “posibles alianzas con Ciudadanos e VOX”.

Por iso, incidiu Gonzalo Caballero, “o seu tempo acabouse”, porque “xa non ten credibilidade” cando reclama medidas ao goberno de Pedro Sánchez pero permitía que Rajoy deixase sen executar “máis de 2.000 millóns de euros”. E fronte a el ten, recalcou, “un PSOE que sabe gobernar para a xente, con prioridade social”.

Así o dixo o líder do PSdeG nun acto na Coruña coa presidenta do PSOE, Cristina Narbona, no que participaron tamén o vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena; a secretaria local, Eva Martínez Acón, e a candidata socialista á alcaldía, Inés Rey.

“PEGAR UN NOVO TEMPO” A GALICIA

Coa vista posta nos vindeiros comicios locais, Gonzalo Caballero apuntou que Inés Rey é “unha muller preparada e ben formada, con todas as condicións para ser unha magnífica alcaldesa” da Coruña. “Para que os grandes tempos da cidade volvan estar presentes”, concluíu.

E despois de que o secretario xeral garantise que todos os candidatos socialistas están preparados para “pegar un novo tempo” nas cidades e vilas galegas, Inés Rey debullou “unha cidade conciliadora, igualitaria, que aposta polo emprego e as novas tecnoloxías” tras oito anos nos que “se perdeu o orgullo da cidade”.

“Necesitamos dar un xiro á Coruña, e debe ser un xiro desde a esquerda, pero desde a esquerda útil. Non vale con ter un programa, hai que saber desenvolvelo”, engadiu a candidata á alcaldía, despois de que tanto Pablo Arangüena como Eva Martínez Acón manifestasen a súa “dor” polo estado no que se atopa a cidade herculina.

PGE “PARA UN MILLÓN DE GALEGOS”

Pola súa banda, Cristina Narbona puxo o foco na importancia dos orzamentos xerais do Estado e nas principais medidas de carácter social postas en marcha polo goberno socialista, tales como a suba do SMI, a alza das pensións ou a mellora no salario dos empregados públicos.

Segundo defendeu a presidenta do PSOE, “más de un millón de gallegos serán beneficiados directamente” coa aprobación das contas, que ademais inclúen partidas “muy importantes” desde a óptica desta comunidade: “ligadas a la fijación de población en el medio rural, para potenciar el retorno de los que marcharon, para dotar a pequeños municipios de escuelas infantiles…”.

Ademais, indicou que a suba fiscal que prevén os PGE “no afecta ni al 1% de la población total”, o que representan as grandes empresas e as rendas moi altas, aínda que si repercute nunha maioría social e nas pequenas e medianas empresas. “A xustiza social require xustiza fiscal”, finalizou Cristina Narbona.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18