Categorías: Actualidade

Feijóo debe escoller entre asumir os intereses de Galicia ou as liñas vermellas da estrema dereita

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, desafiou hoxe ao presidente da Xunta a definir a súa postura sobre a transferencia de competencias a Galicia. Sinalou que Feijóo “debe escoller entre asumir os intereses de Galicia ampliando o autogoberno dentro do marco constitucional e estatutario, como nacionalidade histórica, ou asume as liñas vermellas de Vox na súa liña de recentralizar competencias e mesmo eliminar ás comunidades autónomas”.

Criticou hoxe o “postureo autonomista sen contido” de Feijóo, a quen lle reclamou que “abandone o dobre xogo” que practica ao presentarse como “nacionalista” mentres o seu presidente provincial de A Coruña sinalaba esta fin de semana que o PP estaría disposto a pactar con Vox.

Fernández Leiceaga advertiu a contradición entre “o PP que di que non vai establecer cordóns sanitarios e o presidente da Xunta que quere chegar ás competencias de País Vasco e Cataluña”, e sinalou que o precedente andaluz indica que “o PP real é o de Diego Calvo”, perfectamente disposto a chegar a acordos coa estrema dereita, e non a cara autonomista que ofrece o presidente da Xunta.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que defenda unha “Galicia moderna, madura, responsable e plenamente constitucional, apoiando a ampliación do autogoberno que nós lle plantexamos”. A el lle corresponde decidir se defende ese modelo de país ou se quere “pactar con quen sexa, con tal de seguir no goberno”, mesmo coa estema dereita en contra do seu discurso pretendidamente autonomista e contradicindo o seu argumento a favor do goberno da lista máis votada.

Proposta

Os socialistas galegos daranlle a oportunidade ao presidente da Xunta de definirse por unha das dúas vías tanto no debate da proposición de Lei para reclamar a transferencia da competencia de Tráfico e da Política Autonómica, anunciada a finais de xaneiro, como dunha proposición non de Lei presentada hoxe para reclamar un primeiro paquete de 30 transferencias. Estas demandas parten da lista orixinal aprobada polo goberno de Touriño en 2005.

Fernández Leiceaga reclamou o “máximo apoio posible”, polo que se demostrou aberto a “retirar ou incluír” competencias adicionais co obxectivo final de acadar un acordo que o goberno galego poida presentar na Comisión Mixta de Transferencias. Subliñou a súa “flexibilidade”, pero advertiulle ao presidente da Xunta que “isto non vai de declaracións, vai de concrecións” e de fixar un programa para que xestione o goberno galego no dito órgano.

Os socialistas galegos reivindican, entre outras, as competencias en materia de inspección de traballo, Catastro, sanidade penitenciaria, Paradores de Turismo ou da AP-53, unha serie de propostas concretas que revisten un especial interese para Galicia ou ben xa están a ser xestionadas por outras autonomías, o que facilita o camiño para realizar a transferencia.

Instou ao presidente da Xunta a aproveitar un goberno “disposto a discutir melloras para o Estado das Autonomías” e ademais carece do xen centralista que demostrara o anterior goberno de Mariano Rajoy.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08