Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Ata os cargos do PP se rebotan contra os recortes de Feijóo na sanidade pública”

O secretario xeral sinala que “o clamor” da cidadanía que “di non” está chegando ao PP, despois de que onte os populares de Moaña apoiasen unha moción de rexeitamento aos recortes da Xunta

Moaña, 1 de febreiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe, durante unha visita a Moaña, que “Feijóo está só na súa defensa da privatización, os recortes e o deterioro da sanidade pública”, pois “o clamor” da cidadanía que rexeita estas políticas e que está enchendo as rúas en sucesivas manifestacións “está chegando ao PP”.

Así o dixo o líder dos socialistas galegos despois de que onte, en Moaña, unha moción en defensa da sanidade pública foi apoiada no pleno municipal polos concelleiros populares.

En concreto, o texto aprobado chama a “rexeitar a política sanitaria de recortes e desmantelamento da sanidade pública galega, levada a cabo polos gobernos do PP na Xunta de Galicia” e insta a Feijóo a “solventar de forma inmediata os problemas ocasionados pola súa política de recortes”.

“Feijóo empeza a ver que a marea de mobilizacións en defensa da sanidade pública chega aos cadros políticos do PP en toda Galicia”, evidenciou Gonzalo Caballero, consciente de que o malestar da cidadanía galega “xa é imparable”.

“A situación é tan grave que o PP xa está vendo como se descompón o seu apoio interno ás súas políticas”, incidiu o máximo dirixente do PSdeG: “os cargos públicos estanse rebotando contra Feijóo e o seu conselleiro de Sanidade, porque ven que as súas políticas son un desastre e unha falacia”.

“MOITOS RECORTES”

No caso concreto de Moaña, Gonzalo Caballero indicou que a mobilización social freou o intento do PP de recortar a quenda de tarde en Atención Primaria, mentres o PAC acumula “problemas graves” e o mesmo ocorre nos servizos de pediatría ou fisioterapia.

Niso abundou Marta Freire, tenente de alcalde de Moaña, quen detallou que os pediatras, que deberan atender 800 cartillas, están atendendo a 1.500, o que os sitúa “moi por riba da ratio recomendada polo propio Sergas”; mentres o fisioterapeuta atende el só a 18.000 pacientes.

En paralelo, o servizo de pediatría non existe na quenda de tarde, o que “imposibilita a conciliación” e o PAC estase “desmantelando a pasos axigantados”. Nel traballan un só médico e unha enfermeira e non hai reforzos na fin de semana, de xeito que “queda desatendido”, como explicou Marta Freire, no caso de que os profesionais teñan que saír a unha urxencia ou a prestar atención domiciliaria. “Xa houbo un caso de falecemento nun PAC desatendido e non queremos iso para a nosa veciñanza”, concluíu.

1.300 PROFESIONAIS MENOS

Nesta visita, o secretario xeral do PSdeG fixo fincapé “no desmantelamento, privatización e precarización da sanidade pública” que Feijóo ten posto en marcha nos case 10 anos que leva á fronte do goberno galego.

De feito, hoxe mesmo, na campaña posta en marcha polo PSdeG nas redes sociais sobre o #10yearschallenge de Galicia, evidénciase que os recortes da Xunta en atención primaria case acada os 200 millóns de euros con respecto ao ano 2009 e que son 1.300 profesionais menos os que traballan nela.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18