Categorías: Actualidade do partido

Gonzalo Caballero valora o “compromiso” de Érguete na loita contra a drogadicción e lamenta que a Xunta “se ten esquecido das necesidades sociais dos galegos”

O secretario xeral do PSdeG chama a Feijóo a “rectificar” e apoiar a folga do 8 de marzo para evidenciar que “as galegas son fundamentais para que Galicia funcione”

Vigo, 19 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este luns as instalacións de Érguete en compañía da presidenta desta entidade, Carmen Avendaño, e dende alí puxo en valor o “compromiso” desta entidade na loita contra a drogadicción e o tráfico de estupefacientes e en prol da inserción social e laboral.

De primeira man puido coñecer o líder dos socialistas galegos as situacións diversas que atende Érguete, e puxo o foco nos “cambios nos hábitos de consumo” e nas problemáticas “hoxe máis complexas” que existen.

É por iso que demandou á Xunta, como xa ten feito o PSdeG no Parlamento -co rexeitamento do PP-, que aumente os fondos que dedica a entidades sociais e a concellos para traballar neste eido. Do mesmo xeito, reclamou que se articule “un plan de hábitos saudables” para a poboación galega dotado con máis fondos.

Nesa liña de “marcar á Xunta unha axenda social intensa”, Gonzalo Caballero lamentou que o goberno que encabeza Feijóo “se ten esquecido das necesidades sociais dos galegos”. Proba diso, engadiu, son “os recortes e as privatizacións” na sanidade ou a “infravalorización” das pensións.

“APOIO E CARIÑO” A CARMEN AVENDAÑO

En paralelo, o secretario xeral do PSdeG trasladou “todo o apoio e o cariño” a Carmen Avendaño, quen será xulgada tras unha demanda interposta por Laureano Oubiña. “Respetamos os procedementos xudiciais, pero socialmente cremos que é importante apoiar a unha referente na loita contra a drogadicción”, suliñou.

Este xesto foi agradecido pola propia Avendaño, quen explicou ante os xornalistas que convidou ao líder dos socialistas galegos a visitar a institución para que “como vai ter unha proxección política boa, non se esqueza” de institucións como Érguete.

APOIO Á FOLGA DE MULLERES

Por outra banda, o secretario xeral do PSdeG trasladou aos medios a importancia da folga convocada para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que os socialistas teñen apoiado dende a súa convocatoria.

Consciente da fenda salarial entre homes e mulleres, que en Galicia atinxe tamén ás pensións (xa entre as máis baixas do Estado), e ao nivel de desemprego máis alto que soportan as mulleres, Gonzalo Caballero recalcou que “o compromiso coa igualdade” forma parte das prioridades do partido.

Nesta liña, tras sinalar que “parar un par de horas” evidenciará que “as galegas son fundamentais para que Galicia funcione”, chamou a Feijóo a “rectificar” e respaldar este movemento. Sería, dixo, un “símbolo” de que a Xunta “recoñece” a existencia dun problema e de que ten vontade de traballar para superalo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28