Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero urxe explicacións a Feijóo polo seu pacto con Jácome: “Pecha o seu ciclo político cun esperpento que Galicia non merece”

Denuncia “un cambio de cromos que traizoa ao electorado” tras recordar que Feijóo dicía que Jácome sería “letal” para Ourense e este que Baltar era “tóxico”

Santiago, 17 de xuño de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu hoxe ante os medios de comunicación para poñer en valor que o Partido Socialista é a forza política “que máis avanza”, ao contar con 111 alcaldes e alcaldesas que gobernarán a un millón e medio de persoas, máis da metade da poboación de Galicia. “Temos o impulso dos galegos para gañar o futuro”, destacou.

Nesa liña, tras amosarse “satisfeito” cos resultados acadados, Gonzalo Caballero asegurou que os rexedores socialistas traballarán “para dar aos concellos avances sociais e impulso democrático” dende “o compromiso coa cidadanía”. “Queremos que os concellos sexan tamén un motor de cambio para o futuro de Galicia”, recalcou.

“Nós temos un compromiso coa dignidade política, coa ética e coa rexeneración”, enfatizou o líder dos socialistas galegos, quen ofreceu “gobernos con principios e responsabilidade” fronte a outro tipo de manobras.

E, ao fío disto, Gonzalo Caballero falou da “vergoña” que xera o pacto subscrito polo PP para repartir os gobernos do concello e da deputación de Ourense con Democracia Ourensana. “Feijóo dicía que Jácome era letal, e Jácome dicía que Baltar era tóxico”, recordou, e reclamou a Feijóo “valor” para explicar esa operación.

Sobre todo, como sinalou o máximo dirixente do PSdeG, porque supón “un cambio de cromos que traizoa ao electorado de Ourense”, xa que “os votantes do PP non queren a Jácome e os de Jácome non queren a Baltar”. De feito, incidiu en que este pacto fíxose “en contra dos compromisos feitos ao longo da campaña”, durante a cal ambos se proferiron todo tipo de “improperios e descualificacións”.

“Feijóo pecha o seu ciclo político cun exercicio de indignidade política e cun bochorno e un esperpento que cremos que Galicia non merece”, concluíu Gonzalo Caballero, consciente de que milleiros de ourensáns “arrepíntense” hoxe do votado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18