Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para reclamarlle á Xunta un programa específico de internacionalización para Pemes

A Comisión de Economía do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta un programa específico de internacionalización para o tecido empresarial galego. A portavoz de Facenda, Begoña Rodriguez Rumbo, presentou a proposta para renovar a xestión da Xunta neste sentido diante dunha xestión “relativamente escasa e pouco coordinada” que está a propiciar a caída das exportacións en 2019.

Esta proposta concédelle ao goberno galego un prazo de un ano para presentar un programa específico de apoio á internacionalización das empresas galegas non exportadoras, coordinando a innovación, a calidade e financiamento. Ademais, inclúe a necesidade de “coordinarse especificamente os ámbitos da innovación, da calidade e o deseño e do financiamento”.

A parlamentaria socialista instou ao goberno galego a asumir os erros propios na xestión e o fracaso nos obxectivos fixados pola Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, da Axenda da Competitividade de Galicia Industria 4.0. Aquela estratexia fixaba como obxectivo o incremento do 40 por cento na participación das exportacións no PIB e 8.000 empresas exportadoras no horizonte 2020.

Os datos do primeiro trimestre de 2019, en contraste cos bos resultados de 2018, sinalan que o número de empresas exportadoras reduciuse nun 5,2 por cento, mentres en España medraron un 5,3, e volume exportado reduciuse nun 25,7 por cento, 4 veces máis que a media estatal, onde diminuíu un 6 por cento. Para igualar o peso no PIB de España -5 por cento- Galicia precisaría incorporar máis de 3.000 novas empresas exportadoras, o 40 por cento das que hai hoxe.

Lamentablemente, dixo, a acción pública da Xunta “céntrase apenas na publicidade e a propaganda, con déficits moi importantes no apoio directo á empresa, sinaladamente ás Pemes”. Esta circunstancia fai que Galicia continúe lastrada por unha excesivamente concentración das exportacións nos sectores téxtil e do automóbil, co que as cifras de exportacións globais son excesivamente vulnerables aos resultados de dúas empresas concretas..

No debate de hoxe, o PP negouse sen embargo a apoiar un apartado da mesma proposta que lle requiría ao goberno galego que presentara en seis meses unha avaliación detallada das dificultades das empresas galgas, sinaladamente das Pemes, para incorporarse aos mercados internacionais. Esta avaliación debera ser a base para deseñar o programa de apoio á internacionaliación, pero foi vetada polo Grupo Popular.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

– Deseñar, no prazo máximo dun ano, un programa específico de apoio ás empresas galegas non exportadoras para se internacionalizaren.

– Neste programa específico, deberan de coordinarse especificamente os ámbitos da innovación, da calidade e o deseño e do financiamento”.

Reparto de subvencións a dedo

Por outra parte, Rodríguez Rumbo acusou ao PP e ao goberno galego de preservar o reparto “a dedo” das subvencións públicas da Xunta entre concellos afíns. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei que presentou hoxe en Comisión para incrementar as axudas de Vicepresidencia concedidas en réxime de concorrencia competitiva, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista pedira incrementar de 3 a 5 millóns de euros as axudas públicas concedidas con criterios obxectivos para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vencellados á prestación de servizos municipais. Sen embargo, o PP negouse a aceptar esta iniciativa para “continuar instrumentalizando ao goberno galego e que siga funcionando como axente electoral do PP” no reparto de favores.

Rodríguez Rumbo puxo como exemplo destas prácticas 5 programas concretos das consellerías de Medio Ambiente, Vicepresidencia e Medio Rural polos que o goberno galego repartiu 24,5 millóns de euros en dous anos en concellos maioritariamente do seu partido. Esta práctica contradí ademais, sinalou, o acordo aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos na Comisión Executiva da Fegamp desenvolvida o 14 de febreiro de 2017.

Así, lembrou que 9 de cada 10 concellos que recibiron os 2,7 millóns do Plan de Infraestruturas Rurais foran do PP. O mesmo sucede cos 13 millóns do Plan Hurbe -94 por cento dos concellos receptores eran do PP- ou cos 2,5 millóns de subvencións de Presidencia en réxime de concorrencia non competitiva -8 de cada 10 concellos beneficiarios eran tamén do PP-.

Ademais, 8 de cada 10 concellos beneficiados polos convenios de colaboración de Presidencia e que se repartiron case 2 millóns de euros durante todo 2018, sinalou, tamén eran do PP. Lembrou ademais o reparto de 4 millóns de euros para infraestruturas e equipamentos de Medio Ambiente correspondentes ao ano 2018, que se esgotaron en 12 minutos, e “sorprendentemente”, ironizou, foron concedidos a 15 concellos do PP do total de 19 beneficiarios –o 79 por cento-.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04