Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero urxe a Feijóo a comparecer no Parlamento para explicar a improvisación de pechar as cidades de súpeto tras negarse onte a blindar Galicia

Apoia “todas as medidas necesarias na loita contra o virus”, pero reprocha a Feijóo que se negue a blindar Galicia para confrontar co goberno de España mentres pecha todas as cidades galegas en cuestión de horas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu hoxe a Feijóo a que compareza no Parlamento para explicar “a improvisación” de anunciar un peche urxente de todas as cidades de Galicia tan só un día despois de rexeitar o peche perimetral da comunidade, a diferencia do que están facendo a maioría de comunidades autónomas.

“Nós apoiamos que se tomen todas as medidas necesarias na loita contra o virus”,  asegurou Gonzalo Caballero, quen fixo fincapé en que a Xunta está tomando decisións “improvisadas”.

“Feijóo leva todos estes días dando a batalla contra o goberno de España polo estado de alarma e dicindo que non se pode pechar Galicia, e agora anuncia o peche das sete cidades en cuestión de horas”, evidenciou o líder do PSdeG.

“É necesario que Feijóo explique no Parlamento o que está pasando”, requiriu Gonzalo Caballero, ao tempo que reclamou á Xunta que “deixe a confrontación” co goberno de Pedro Sánchez e empece a traballar “cóbado con cóbado” para frear a propagación da pandemia.

Sobre todo, afondou, á vista das “preocupantes” cifras de contaxios que rexistra Galicia, que supera os 8.300 casos activos e as 900 persoas falecidas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28