Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero urxe a Feijóo a “arranxar o caos que xerou en Ourense” antes da súa investidura como presidente: “A cidade non pode ser presa dos intereses dun PP indigno”

O líder do PSdeG subliña que a terceira cidade de Galicia “non merece ser noticia cada día polas desfeitas do acordo letal que fixeron Feijóo e Baltar con Jácome”

Santiago, 29 de agosto de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu hoxe a Feijóo a “arranxar o caos que xerou en Ourense” antes de que se celebre a súa sesión de investidura, consciente da gravidade do que está acontecendo na que é a terceira cidade de Galicia.

“A cidade non pode ser presa dos intereses do PP”, advertiu Gonzalo Caballero, quen sinalou que, mentres os populares “buscan como manter o seu entramado de poder”, Ourense segue “paralizada” en mans dun alcalde que acaba de ser denunciado ante a Fiscalía polos seus compañeiros de goberno.

“Feijóo non se pode poñer de perfil porque é a súa responsabilidade”, remachou o líder do PSdeG, toda vez que “decidiu colocar a un alcalde que el mesmo consideraba letal para Ourense só por manter o caciquismo de Baltar á fronte da Deputación” a pesares de que os socialistas somos a forza máis votada nas eleccións municipais na cidade.

Neste escenario, Gonzalo Caballero subliñou que Ourense “non merece ser noticia cada día polas desfeitas do alcalde que puxeron Feijóo e Baltar”. “O esperpento e as irregularidades non poden estar á fronte da terceira cidade de Galicia”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18