Categorías: Uncategorized

Gonzalo Caballero propón unha comisión parlamentaria para a reconstrución económica e social de Galicia: “son momentos de grandes consensos”

 

O líder do PSdeG ofrece “man tendida” a Feijóo “ao servizo das galegas e galegos”  pero advirte de que ten que “rectificar” as políticas de recortes

 

Santiago de Compostela, 31 agosto de 2020.  O voceiro do Grupo Parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo este luns a “configuración dunha comisión parlamentaria” para a reconstrución de Galicia” na que todas as forzas políticas, administracións territoriais e os axentes sociais traballen para acadar “grandes acordos de país”. Nesta nova lexislatura, o PSdeG anuncia “unha oposición firme”  na defensa dos servizos públicos e ofrece “man tendida” para “construír unha Galicia mellor”, porque segundo sinalou Caballero, “somos conscientes de que son momentos de grandes consensos e da xenerosidade mutua”.

 

A poucas horas do debate de investidura no Parlamento galego, o líder socialista situou como “prioridade” a necesidade de chegar a “grandes acordos” que permitan saír da actual crise con políticas “que defendan ás persoas”, e polo tanto,  advertiu ao PP de que chegou o momento “de deixar os recortes nas residencias, na sanidade e na educación”.

 

O voceiro socialista, instou a Feijóo a que “acepte a proposta” e impulse esta comisión que permita abordar a reconstrución económica e social de Galicia, tomando como referencia a que xa se ten constituído no Congreso dos Deputados ou mesmamente noutras comunidades autónomas.

 

Neste escenario, Caballero trasladou a necesidade de acordar medidas que permitan “loitar contra a desigualdade da poboación máis vulnerable e facer fronte ás consecuencias dunha crise de tanta envergadura”. “Pedimos a Feijóo que as políticas para a saída desta crise sexan distintas ás que se deron tras a recesión de 2009”, engadiu o voceiro socialista, ao tempo que avanzou que o PSdeG será “a oposición firme en defensa dos servizos públicos, do estado do benestar e de que ninguén quede atrás porque somos a alternativa ás políticas de recortes, conservadoras e neoliberais”.

 

“Temos que ter unha posición de país para que a loita contra a crise sanitaria, económica e social sexa a prioridade”, aseverou Caballero, de xeito que comprometeu que traballará “ao servizo das galegas e galegos” e para que o PP de Feijóo “rectifique” e acometa unha liña de traballo a prol da cidadanía.

 

 

AUSENCIA DE MEDIDAS

Ao fío disto, o voceiro socialista amosouse moi “preocupado” ante a evolución dos datos de contaxios en residencias de maiores, a indefinición do inminente inicio do curso escolar, ou a “falta de respaldo” aos concellos “que deben asumir novos retos” como o reforzo da limpeza de espazos públicos e colexios. “Hai unha ausencia de medidas significativas nestas cuestións, que son competencias da Xunta de Galicia”, lamentou.

Ante “unha recesión inaudita”, moi acentuada no sector da hostalaría, ocio, cultura, turismo, transporte, pero tamén en sectores coma a automoción e a confección, de enorme peso na economía galega,  o voceiro socialista lembrou que urxen “medidas avaliables que estean a altura deste momento crítico”.

 

Neste eido, o voceiro do Grupo Parlamentario do PSdeG xunto os deputados Juan Carlos Francisco Rivera e Matilde Begoña Rodríguez, veñen de presentar unha proposición non de lei no Parlamento galego instando á formación desta comisión de reconstrución.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Rueda actuou coma o eco de Feijoo e deixa a Galicia sen a voz que merece”

O secretario xeral do socialistas galegos ve incomprensible que o presidente da Xunta se negase…

20/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro sinala que o últime informe da Valedora demostra que a xestión do PP na Xunta “está a debilitar o Estado do Benestar”

Alerta do aluvión de queixas pola xestión da sanidade, a educación ou a atención social…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a política fiscal “desenfocada” da Xunta provocou a perda de 300 millóns de euros de recadación en 2023 que lle perdoaron fundamentalmente á grandes fortunas

Patricia Iglesias critica o “ilusionismo fiscal” do goberno galego, que presume de baixar impostos aos…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que cubra a praza de médico en Lobios que está vacante dende hai un ano

Carmen R. Dacosta alerta das consecuencias dos recortes de Feijóo e Rueda e reivindica “un…

19/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a poñer en marcha os centros de Crise 24H para garantir a atención ás vítimas de violencia sexual

Alerta de que Galicia pode perder 5,8 millóns de euros de fondos se a Xunta…

19/09/2024
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica un PSdeG con raíces galeguistas, “que xa é a verdadeira referencia da esquerda para o 50 % da poboación”

Impulsará para recuperar a Xunta o modelo de proximidade das alcaldías socialistas fronte a un…

19/09/2024