Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero traballa na axenda de infraestruturas de Galicia nunha nova xuntanza co secretario de Estado Pedro Saura

O secretario xeral traslada a posición do PSdeG e valora a “vontade” do goberno de “avanzar todo o posible” na axenda de infraestruturas para a comunidade

Madrid, 12 de febreiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo en Madrid unha terceira xuntanza de traballo co secretario de Estado de Infraestructuras, Pedro Saura, co obxecto de comprometer e desenvolver os proxectos relevantes para Galicia na axenda do goberno.

Así, o líder dos socialistas galegos abordou co secretario de Estado asuntos como a transferencia da AP-9, a conclusión das obras do AVE, a inclusión de Galicia no corredor europeo de mercadorías e as melloras nas inversións que recolle o proxecto de orzamentos.

Coa importancia das infraestruturas para Galicia no foco, Gonzalo Caballero recibiu o compromiso do secretario de Estado coa chegada da alta velocidade nos prazos fixados, así como a súa “vontade” de incorporar melloras nas inversións para a nosa comunidade no trámite de emendas parciais aos orzamentos.

Iso si, como sinalou o propio secretario xeral do PSdeG, teñen que introducirse aquelas cuestións que sexan “realizables”, despois de anos nos que “o PP debuxaba orzamentos que logo non executaba”, incluíndo partidas para obras que aínda non tiñan iniciado ou desenvolvido o proxecto.

Ambos dirixentes abordaron tamén a transferencia da AP-9 a Galicia, despois de que este goberno levantase o “veto” imposto polo executivo de Mariano Rajoy a debater sobre ese asunto; así como “as posibilidades de desenvolvemento” que abriría para a nosa comunidade a inclusión no mencionado corredor noroeste.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero lamentou que “o PP non fixo nada para Galicia en materia do corredor noroeste” e cuestionou que agora Feijóo pretenda “aparecer a última hora” escenificando unha posición de forza con dous presidentes (o de Asturias e o de Castilla y León) que xa anunciaron que non seguirán no cargo.

TRÁMITE DOS PGE

Así mesmo, o secretario xeral do PSdeG puxo en valor que En Marea entenda a prioridade social dos PGE e rexeite as emendas a totalidade, porque para poder mellorar os orzamentos é necesario superar esta fase.

Gonzalo Caballero sinalou tamén o “cinismo” do PP de Galicia, que antepón os intereses de Casado por diante dos intereses dos pensionistas galegos, dos autónomos, dos empregados públicos, dos dependentes, dos bolseiros, e da maioría da cidadanía galega.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04