Categorías: Actualidade

A Xunta ten que traballar para crear un marco no que se permita que as PEMES do sector do transporte poidan manterse dignamente

O portavoz de Política Territorial do Grupo Socialista, Luís Álvarez, pediulle esta mañá ao goberno que traballe para “crear un marco” no que se lle permita a centos de PEMES do sector do transporte manterse “dignamente”. Así o dixo hoxe na comparecencia da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade no Pleno do Parlamento, na que tamén defendeu a necesidade de que as administracións públicas “interveñan para evitar oligopolios” en sectores nos que o mercado teña un “papel comunitario” coma no caso do transporte escolar.

O deputado socialista defendía así que goberno galego tiña a posibilidade de crear dous marcos, “un no que as PEMES desaparezan do sector” ou outro no que “o futuro o dean elas”. Respondía así ao problema de viabilidade ao que moitas empresas poden enfrontarse  de cara ao 2020 debido a un plan que foi deseñado por consultoras “con certo descoñecemento do territorio” .

“Hai que evitar que 4 ou 6 empresas ocupen a maioría da oferta” manifestaba o parlamentario socialista que argumentaba que co Plan actual da Xunta so algunhas poden sosterse coas amortizacións previstas durante os primeiros anos, situación suporía a “destrución do tecido empresarial galego”.

Neste sentido, solicitoulle a Conselleira que “revisen se os cadros económicos se van a adecuar as condicións que as PEMES precisan” e sinalou as grandes diferenzas nas amortizacións previstas e que varían dende menos de 900 euros a mais 3.000. “Igual e que as consultoras coñecen tan ben o territorio que son capaces prever os servizos privados que van realizar a maiores os autobuses”, dixo ironicamente o parlamentario socialista en referencia ao argumento da Conselleira de que estes servizos suporían unha axuda extra as empresas.

O representante socialista mantivo que as PEMES e as grandes empresas ofertan servizos “diferentes” con distinto graos de satisfacción entre os usuarios e de calidade no emprego, e manifestou estar do lado da “calidade e das PEMES”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08