Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero sinala que “seguimos querendo unha España e unha Galicia progresistas fronte aos retrocesos que implican as tres dereitas”

O secretario xeral sinala que o bloqueo político a quen gañou claramente as eleccións aboca a unha “segunda volta electoral” para “referendar” o apoio cidadá de abril a un goberno progresista

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 19. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, apuntou hoxe que as eleccións do próximo 10 de novembro decidiranse “en clave de proxecto de futuro”.

Logo do anuncio da convocatoria electoral, dixo que “España e Galicia seguen necesitando o proxecto de futuro e de avance dos socialistas fronte ás tres dereitas” na “sorte de segunda volta electoral” á que “estamos abocados polo bloqueo político” contra quen gañou as eleccións de abril.

O líder dos socialistas galegos defendeu o proxecto e o “modelo de avance social” que representa Pedro Sánchez “fronte ao retroceso que buscan as tres dereitas” e que necesita do apoio social e político en outubro. Este proxecto, dixo, está “comprometido co avance social e económico, cos sectores desfavorecidos, coa igualdade de mulleres e homes, cos parados de longa duración ou coas pensións, a sanidade e a educación públicas”.

Caballero remarcou que as próximas eleccións celebraranse “en clave de futuro” e “referendarán a posición maioritaria e os avances sociais fronte á ultradereita” co apoio aos socialistas e á proposta de goberno “moderado e progresista”. Replicou así que os augurios da “dereita e ultradereita” fronte a “quen ía trocear España ou pactar cos independentistas” demostráronse “falaces, viñéronse abaixo”.

Chamou ao apoio da esquerda e tamén do electorado de centro e moderado que queren “impoñer unha maioría social e de progreso fronte aos acordos de Casado, Álvarez de Toledo e Abascal”, que “non ofrecen nada positivo para os galegos e as galegas”.

O responsable socialista sinalou que a convocatoria “non era o escenario que a cidadanía estaba esperando nin o que nos queríamos”, pero si ao que “estamos abocados” logo do “bloqueo político” contra a investidura de Pedro Sánchez, que foi o claro vencedor da pasadas eleccións, sen posibilidades de goberno para ningunha outra opción.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06