Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero sinala que Galicia necesita “un presidente socialista aliado da xente” fronte a unha dereita que “quere a Xunta para confrontar co goberno de España”

O candidato socialista chama á “mobilización masiva” para rematar cos “11 anos escuros do PP e de Feijóo na Xunta de Galicia”

Comprométese a impulsar o Centro de Saúde de Bouzas e apoiar a candidatura das Cíes a Patrimonio Natural da Humanidade

Salvador Illa sinala que “hay una mayoría progresista que tenemos que movilizar” para que Gonzalo Caballero “lidere el cambio político”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse hoxe a “traballar por tódolos galegos e galegas como un presidente da Xunta aliado da xente do común e amigo dos cidadáns”. Así o dixo nun acto político en Vigo no que tamén participaron o ministro de Sanidade, Salvador Illa, o alcalde da cidade, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Defendeu unha xestión “con empatía” fronte a unha dereita que “quere a Xunta para confrontar co goberno de España, como fixo cando quixo levantar o Estado de Alarma” e demostrando un rosario de “deslealdades e irresponsabilidade” durante a xestión da crise do coronavirus. Nun acto na súa cidade, Caballero afirmou que “Galicia é a miña causa” e reclamou rematar cos “11 anos escuros do PP e Feijóo na xunta de Galicia”.

O candidato socialista Chamou á mobilización na recta final da campaña electoral para conseguir unha “mobilización masiva” dos que apoiaron aos socialistas nas eleccións do ano pasado. Pediu renovar o apoio ao PSdeG para lograr un goberno que defenda o Estado do Benestar e garanta unha saída social da crise, fronte a un PP que “cada día que pasa perde máis apoios, está máis feble e ten máis medo”.

Caballero subliñou que “Galicia paga a pena” e reivindicou “non dar ningunha batalla por perdida” para “frear á dereita e á ultradereita” porque, dixo, “somos máis e temos mellores ideas”. Defendeu a xestión e defensa das políticas públicas por parte dos socialistas, e sinalou que “se queremos máis sanidade pública o mellor é votar á marca orixinal e non a ningunha copia, porque nós non escondemos as siglas”.

Animou aos galegos e galegas a afrontar o “sprint final” para unhas eleccións nas que o 35 por cento dos galegos e das galegas “están decidindo o seu voto estes días”. Pediu a “participación masiva dos que queremos que Galicia e España progresen, dos que queremos frear á dereita e á ultradereita e dos que queremos unha Galicia do benestar, da igualdade e da xustiza”.

Gonzalo Caballero criticou hoxe, en presenza do ministro de Sanidade, a xestión do rebrote de coronavirus na Mariña por parte da Xunta. Criticou que Feijóo pasara de pedir a retirada do Estado de Alarma para ter máis competencias a agora “derivalas nos concellos” que non teñen competencias nin medios para afrontar a xestión sanitaria e “mesmo algúns carecen de policía local”.

O líder dos socialistas galegos interveu en Vigo, onde se presentou como “un presidente da Xunta aliado da cidade, un vigués preocupado” que quere “axudar a construír un Vigo mellor” e rematar coa discriminación da Xunta para que a “Galicia das cidades” lidere unha Comunidade Autónoma “máis dinámica, máis puxante, vangardista e nova”.

Sinalou que a cidade “precisa dunha aposta nova no ámbito sanitario”, que desbloquee o Centro de Saúde de Bouzas, os aparcamentos do Cunqueiro ou as necesidades sanitarias do Meixoeiro. Comprometeuse ademais a apoiar a declaración das Illas Cíes como Patrimonio Natural da Humanidade fronte a un goberno da Xunta que “traballou para embarrar a candidatura” e deixala “sen futuro nin posibilidades”.

Salvador Illa

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, pediu apoio ao “cambio liderado por Gonzalo Caballero”, e reivindicou a sanidade pública, universal e gratuíta que “no es un gasto, es una inversión” como ten demostrado nos catro meses dende a chegada da covid. Reivindicou a xestión da crise polo goberno socialista, que demostrou a “gran diferencia entre lo que hizo la derecha en la crisis de 2010 y lo que está haciendo la izquierda”.

Pediu o apoio para o proxecto socialista representado por Gonzalo Caballero para unha Galicia que “mire al futuro, que afronte los problemas con energía y ambición”. Dixo que “hay una mayoría progresista, lo que tenemos que hacer es movilizarla” para “poner Galicia al frente de los timepos que vienen, alineando sus política con el gobierno de Sánchez y los alcaldes socialistas de 5 de las principales ciudades”.

Amosou o seu “orgullo” pola xestión dunha crise co obxectivo de que “o salimos todos juntos o no sale nadie”, incluíndo a aprobación do Ingreso Mínimo Vital, os ERTEs, as axudas para os autónomos, ou a prohibición dos desafiuzamentos e o mantemento do subministro de servizos básicos.

Reivindicou unha xestión centrada en “derrotar al virus y no confrontar” seguindo os comportamentos políticos da dereita, centrada en “peleas estériles en lugar de derrotar al virus”. Trasladou unha mensaxe de prudencia e instou a “no tener miedo al virus, pero sí respeto”, e trasladou o seu apoio aos cidadáns da Mariña de Lugo e aos seus alcaldes e alcaldesas durante o rebrote detectado na comarca.

Rematou sinalando que “no puede ser que la Xunta esté en contra de la principal ciudad de Galicia”, en resposta á intervención de Abel Caballero, quen sinalou que Feijóo “no puede pasear por Vigo porque la gente no lo quiere, porque hizo del antivigo la señal de identidad de la Xunta de Galicia”.

O alcalde da cidade advertiu que é “importantísimo que Gonzalo Caballero sea presidente de la Xunta, porque iremos juntos la Zona Franca, la Diputación de Pontevedra, el Gobierno de España, la Xunta y también el Concello de Vigo” e así “no va a haber quien nos pare”.

Chamou a Caballero a emular como presidente da Xunta ao “poderosísimo y gran aliado que camina con nosotros” que é edro Sánchez para “llevar adelante todo aquello que Rajoy y Feijóo con Ana Pastor nos quitaron”. Lembrou que Feijóo “nos quitó una caja de ahorros, nos dejó sin AVE”, que tivo que desbloquear Sánchez.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou que “non lle debemos nada a Feijóo” nunha cidade na que fixo “cero euros de inversión” e por iso “o 12X temos que apostar polo cambio e cambiar de presidente”.

Comparou a candidatura dun Feijóo para quen “Galicia é un eslogan sen contido” coa “papeleta que encabeza Gonzalo Caballero, de futuro, de ilusión, de empoderamento para Galicia” e que libere a capacidade desta terra para “cambiar a indsutria, a sanidade, a educación, a dependencia, o emprendemento, a universidade, o coñecemento ou a innovación”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28