Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reúnese cos armadores de Vigo: “a reactivación de Galicia pasa tamén por aproveitar os fondos europeos para modernizar a nosa pesca”

O líder socialista chama á “prudencia” para evitar ter que dar pasos atrás na desescalada, pero rexeita “criminalizar á mocidade galega”, que está sendo “un exemplo” durante a pandemia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza coa Asociación de Armadores de Vigo (ARVI) encabezados polo seu presidente, Javier Touza, na que defendeu que “a reactivación de Galicia ten que vir da man tamén da potenciación e modernización da nosa pesca”.

Neste senso, en compañía do deputado Guillermo Meijón e da parlamentaria Leticia Gallego, o líder socialista puxo o foco na necesidade de aproveitar as posibilidades dos fondos europeos para apostar polo sector pesqueiro.

E é que, como dixo Gonzalo Caballero, a pesca é “unha actividade fundamental na estrutura produtiva de Galicia” e un sector esencial, como vimos durante a pandemia. Por iso, consciente de que “a economía galega necesita unha pesca potente”, subliñou que ten que ter fondos europeos á súa disposición.

“Hai unha oportunidade de fondos Next Generation que ten que servir para modernizar a pesca e para que poida gañar na transición ecolóxica e na eficiencia enerxética, así como na modernización dos buques”, incidiu o máximo dirixente do socialismo galego.

RELEVO XERACIONAL

Outro dos asuntos que abordaron na xuntanza foron as dificultades do relevo xeracional na pesca e a importancia neste senso da FP Dual.

“A formación é unha vía fundamental”, apuntou Gonzalo Caballero, para quen a estratexia do goberno de España neste eido vai na liña correcta. “Formar mariñeiros e pescadores ten que vir da man tamén da experiencia e a FP dual debe xogar un papel fundamental”, destacou.

ESTRATEXIA AZUL

Finalmente, o responsable do PSdeG puxo en valor o traballo de ARVI nunha comunidade que é “unha referencia” no sector pesqueiro.

“Cómpre en Galicia unha estratexia azul para fortalecer as capacidades e as posibilidades de futuro da nosa pesca, xerando riqueza e emprego e desenvolvendo  e modernizando a cadena mar industria dentro dunha pesca sostible”, concluíu Gonzalo Caballero.

ARVI

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza, amosou a súa “satisfacción” por esta xuntanza, na que trasladaron as súas “inquedanzas” sobre o futuro do seu sector.

Ademais das derivadas da pandemia, fronte á cal destacou a boa marcha da vacinación, sinalou cuestións como a eliminación das bonificacións fiscais do gasóleo mariño por parte da Organización Mundial do Comercio ou a falla de relevo xeracional.

No que atinxe ao primeiro dos asuntos, Touza incidiu en que “hai que reconducir esa situación”, porque retirar esas bonificacións “duplicaría o prezo dos combustibles”, poñendo nunha posición “inasumible” a boa parte do sector. Esta postura foi compartida polo secretario xeral do PSdeG.

E no relativo á incorporación de mocidade, unha cuestión que tamén abordou Gonzalo Caballero, o presidente de ARVI recordou a alta taxa de paro xuvenil e sinalou á pesca como “nicho de oportunidade laboral”. “Necesitamos xente nova con vocación e con formación”, apuntou, ao tempo que apostou tamén pola incorporación da muller neste sector.

“Non podemos desperdiciar nin un átomo de talento”, defendeu Javier Touza, quen salientou que “temos xa cinco mulleres primeiras oficiais”.

En paralelo, amosou o seu compromiso coa descarbonización da flota en liña co que require a UE, e puxo de relevo que a flota reduciu o seu nivel de emisións de gases de efecto invernadoiro nun 18%. Así mesmo, reseñou un aumento do 50% do nivel de biomasa das especies de referencia da súa flota na zona na que faenan.

COVID

Finalmente, en declaracións aos medios ao termo da xuntanza, Gonzalo Caballero abordou o repunte dos contaxios de covid en Galicia.

Ao respecto, o líder socialista chamou á “prudencia” e a “non baixar a guarda” para evitar ter que dar pasos atrás na desescalada. “Temos que compatibilizar o alivio das restricións co cumprimento das normas”, subliñou.

“O virus aínda está presente”, recalcou Gonzalo Caballero, quen avanzou que ao longo deste verán haberá cifras “espectaculares” de vacinación, toda vez que actualmente o 60% dos galegos e galegas xa teñen, cando menos, unha dose.

Por iso, tras poñer en valor a estratexia de vacinación do goberno de España, rexeitou que se “criminalice á mocidade galega” polo aumento de contaxios. “A mocidade galega foi un exemplo de comportamento positivo durante a pandemia”, recordou, aínda consciente de que houbo “casos illados de demasiada relaxación”.

Fixo así un chamamento á prudencia colectiva para seguir avanzando na desescalada sen que existan retrocesos na suavización paulatina das restricións.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18