Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero no Comité Federal: “O PSdeG segue avanzando nun proxecto galeguista, feminista, verde e de esquerdas para dar a Galicia un futuro de esperanza e ilusión”

O secretario xeral sinala que “compartimos coa cidadanía as prioridades da vacinación e da reactivación” trala pandemia e apela “á unidade e á lealdade de todo o partido ante os retos que temos por diante”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe no Comité Federal do PSOE, unha cita que serviu para constatar que “as nosas prioridades están pegadas ás da cidadanía”, coa vacinación e a reactivación económica e social en primeiro plano.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos subliñou que, “fronte a agoreiros e desconfiados”, a estratexia de vacinación impulsada polo goberno de España “está sendo un éxito”.

“Feijóo dicía que non habería vacinas ata o segundo trimestre deste ano e o nacionalismo galego receitaba vacinas rusas, chinas ou cubanas, pero o goberno de España apostou pola ciencia e hoxe o 60% dos galegos e das galegas temos cando menos unha dose da vacina”, destacou Gonzalo Caballero.

E, dende o convencemento de que a inmunización é a base para afrontar a reactivación económica, social e cultural, o responsable do PSdeG apostou por mirar ao futuro “con ilusión e esperanza”.

Así o dixo logo da intervención do secretario xeral do PSOE e presidente do goberno, Pedro Sánchez, na que puxo o foco na importancia de que a saída desta crise se oriente tomando medidas “en beneficio das persoas” coa prioridade nas mulleres e nos nosos mozos e mozas.

“SEGUIR AVANZANDO”

De feito, Gonzalo Caballero recordou que esta é a liña que vén seguindo o PSdeG, como amosa o feito de que “levamos á comisión de reconstrución un plan de emprego xuvenil co que dar oportunidades laborais a 3.000 mozos e mozas de Galicia neste ano” e que “foi rexeitado polo PP”.

Logo de requirir a Feijóo que “rectifique”, o máximo dirixente do PSdeG destacou que “os e as socialistas galegos temos un proxecto galeguista e federalista, de esquerdas, feminista e ecoloxista” que ten na xuventude “unha prioridade” coa vista posta no futuro da nosa terra.

“E toca seguir avanzando”, remarcou Gonzalo Caballero, logo de poñer ao PSdeG “ao servizo dos galegos e das galegas”. “Seguiremos traballando para actualizar e fortalecer o noso proxecto”, engadiu.

Aludiu así ao feito de que “avanzamos en apoio en todas as eleccións” dende que chegou á Secretaría Xeral do PSdeG, con resultados “históricos” como o de vencer por primeira vez ao PPdeG nas urnas.

“Agora necesitamos construír un novo tempo político para apostar por un futuro de progreso, ilusión e esperanza baixo as siglas do PSdeG”, reivindicou Gonzalo Caballero, consciente de que “é o momento da unidade e da lealdade de todo o partido ante os retos da reactivación”.

“Seguiremos traballando no proxecto que os galegos e as galegas están esperando”, concluíu logo de destacar que o avance fronte ao virus está permitindo “reiniciar” a actividade política. De feito, sinalou que en Galicia xa se reuniu o Comité Nacional presencialmente hai unhas semanas.

CONGRESO DE VALENCIA

Ademais, Gonzalo Caballero apuntou que hoxe o Comité Federal aprobou que o congreso do PSOE teña lugar en Valencia o 15 de outubro.

No que atinxe ao resto de cónclaves autonómicos, o acordo é que todos eles se desenvolvan unha vez celebrado o federal e antes do 19 de decembro.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18